Ademáis do chupete e o babeiro, non esquezades seguir traendo a coroa ou a diadema.
Recordade que os mandatos son acumulativos!!
Queredes ver o guap@s que estábamos coas coroas e as diademas?
Onte, o alumnado do 3º ciclo recibiu una charla sobre os riscos aos que nos expoñemos cando non facemos un uso responsable de internet e das redes sociais. O certo é que quedamos con ganas de aprender moito máis polo que seguramente repetiremos a experiencia para o mes de xuño. Así poderemos profundizar no tema.
O venres pasado tivemos a oportunidade de aprender unha morea de cousas sobre as persoas xordas. Blanca e Iván, dúas persoas xordas, e a súa intérprete ( á que lle pedimos desculpas por esquecer o seu nome)ensináronnos como é posible superar as dificultades que se atopan no seu día a día.
Os máis pequeniños tiveron a sorte de que Iván lles contara un conto en lingua de signos. Grazas a él tamén aprendimos a dicir unhas cantas palabras e a falar coas nosas mans.
Por outra banda, Blanca explicou aos máis maiores curiosidades sobre a vida das persoas xordas.
Por último as dúas intervencións culminaron coa proxección dun vídeo que a continuación queremos compartir convosco.
Foi moi interesante e tod@s aprendimos moitísimo!!
Moitas grazas!!
Hoxe tivemos a nosa primeira videoconferencia!!! Comunicámonos cun grupo de rapaces/zas do Colexio "Santiago Apóstolo" de Franza e lles limos un conto que eles non coñecían.
Primeiro fixemos as presentacións.
Logo limos o conto.
Mostrando as ilustracións.
O público manifestou a súa satisfacción.
Polo que poñerémonos en contacto máis veces para outras actividades lectoras.
Neste curso os profes estámonos poñendo ao día nesto das novas tecnoloxías. Practicando cun dos programas saiunos esta presentación tan bonita. Aínda que pode resultar repetitiva despois da entrada anterior, non queriamos deixar de compartila con todos vós.
Esperamos que vos guste!!