O venres, día 20, rematamos o curso e tamén rematamos as actividades da biblio do curso 2013 - 14 coa proclamación do máis león ou máis leona e a entrega de agasallos para @s máis lector@s.
Había moitísima espectación porque non se coñecía o nome d@ gañador/a.
Resultou que había parella!!!
A máis leona foi SARA, empatada con DANI PORTOMEÑE, o máis león.
A continuación, houbo entrega dun montón de agasallos porque tamén había un montón de cartillas cubertas.
Ao final, entrega de regalos a tod@s @s alumn@s de INFANTIL, de 3, 4 e 5 anos porque este trimestre leron moitísimo.
E con esta noticia, despídome ata setembro.
Pasade moi boas vacacións e disfrutade lendo un bo libro, tanto @s maiores coma @s pequen@s.
CASCABEL.
domingo, 22 de junio de 2014
miércoles, 18 de junio de 2014
AMA/APADRIÑAMENTOS XUÑO
Hoxe fixemos os terceiros ama/apadriñamentos do curso que xa acaba.
Tivemos un día estupendo, ideal para estar no campo ou á sombriña. Pero, como podedes ver polas fotos, búscanse os espazos máis diversos para ler.
Tivemos un día estupendo, ideal para estar no campo ou á sombriña. Pero, como podedes ver polas fotos, búscanse os espazos máis diversos para ler.
sábado, 14 de junio de 2014
PRÉSTAMOS VERÁN
O luns, día 16, imos de excursión e vai ser un pouco difícil ter tempo para pasar pola biblioteca, pero xa sabedes que a partires do martes,17, e ata o venres, 20, podedes, coma nos últimos anos, retirar lotes de libros da biblioteca para lelos no verán.
viernes, 13 de junio de 2014
PORTARRETRATOS
Xa está lista a exposición dos portarretratos feitos polo alumnado do terceiro ciclo.
Quedaron espectaculares.
Podedes comprobalo achegándovos ao cole. Estarán expostos na entrada ata o día 19 deste mes de xuño, xa que o 20, por ser o último día de clase, desmontarase a exposición e cada un/ha levará o seu traballo para a casa.
ANIMÁDEVOS!!!
Merece a pena velos!!!

jueves, 12 de junio de 2014
ANA E OS DIVERSÓNICOS
Onte Nuria, de 5º de Infantil, liulles @s súas/seus compañeir@s e a0 alumnado de 6º de Primaria o seu libro de pictogramas "ANA E OS DIVERSÓNICOS".
Todo un exitazo!!!
Moi ben, Nuri!!!
Todo un exitazo!!!
Moi ben, Nuri!!!
miércoles, 11 de junio de 2014
PRECIOSO AGASALLO
Todos estes libros que vedes na foto son unha doazón do ANPA do noso cole.
Moitas grazas pola vosa xenerosidade!!!
Tede por certo que as vosas fillas e os vosos fillos os disfrutarán!!!
Moitas grazas pola vosa xenerosidade!!!
Tede por certo que as vosas fillas e os vosos fillos os disfrutarán!!!
martes, 10 de junio de 2014
RECOMENDADOS VERÁN
Pois xa está chegando o verán e con el tod@s teremos máis tempo para ler o que nos apeteza. Aquí vai a nosa selección de recomendados.
lunes, 9 de junio de 2014
A CASIÑA DE CHOCOLATE
Hoxe tivemos a última sesión de "Lecturas mil" do presente curso.
Esta vez o lector foi Juan José, pai de Hugo, que liu "A CASIÑA DE CHOCOLATE" axudado polo seu fillo.
Sen pensalo, tivemos uns/unhas espectador@s especiais: @s alumn@s que o próximo curso empezan en Infantil, que estaban de visita no cole.
Queremos agradecerlle a Juan José que preparara a súa lectura en galego, xa que el non é de aquí,que veu do Sur.

viernes, 6 de junio de 2014
LA TORTUGA Y LA LIEBRE
A lectura de hoxe, a fábula "LA TORTUGA Y LA LIEBRE", correu a cargo de Víctor, coa importante axuda da súa filla Lidia.
jueves, 5 de junio de 2014
LA BELLA Y LA BESTIA
Daniel Portomeñe liulles hoxe aos/as seus/súas compañeir@s unha versión clásica do conto "LA BELLA Y LA BESTIA".
LA BELLA Y LA BESTIA by Slidely Slideshow
miércoles, 4 de junio de 2014
O ARCO DA VELLA E OS PAXAROS
O conto de hoxe foi "O ARCO DA VELLA E OS PAXAROS". O lector foi Marco, de 2º. Un conto cunhas ilustracións moi alegres.
martes, 3 de junio de 2014
lunes, 2 de junio de 2014
O RATO DA CASA E O RATO DO MONTE
Hoxe as lectoras foron Diaou e Aroa. Léronlles aos do primeiro ciclo o libro titulado "O RATO DA CASA E O RATO DO MONTE".
Flor Durán de Slidely by Slidely Slideshow
Suscribirse a:
Entradas (Atom)