domingo, 21 de diciembre de 2014

UN AGASALLO... UN LIBRO!!

Queremos axudarvos a escribir a carta a Papá Noel e aos Reis así que aquí vos deixamos as nosas lecturas recomendadas.
Aproveitamos tamén para desexarvos a todos unas felices festas.

jueves, 18 de diciembre de 2014

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe celebramos os primeiros apadriñamentos e amadriñamentos lectores deste curso. Chega o Nadal e..., que mellor agasallo que poder disfrutar dun conto na compaña doutr@s amiguiñ@s??

miércoles, 3 de diciembre de 2014

SEMANA DA DISCAPACIDADE


A Asamblea Xeral das Nacións Unidas creou os días internacionais para centrar a atención da sociedade nun problema ou aspecto da vida concreto, polo menos por un día. Hoxe, día 3 de decembro, está adicado ás persoas con discapacidade.
A continuación deixámosvos "El cazo de Lorenzo". Este conto trata de explicar aos nen@s o que significa ter discapacidade. Merece a pena pasarse uns minutiños a escoitalo.

viernes, 28 de noviembre de 2014

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
Pola nosa parte, o concello ofreceunos a posibilidade de participar nun concurso sobre esta temática e propúxonos o visionado dunha obra de teatro que se levou a cabo o pasado venres no noso centro. Estivo moi ben xa que a través de moito humor os actores desta obra achegáronnos á terminoloxía relacionada con este tema e xunto a eles puidemos levar a cabo varios experimentos cos que o pasamos moi ben.


jueves, 27 de noviembre de 2014

A PANTASMA DO MALTRATO




O pasado día 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Queriamos recordar neste día o corto elaborado polo profesor Jose Carballido fai uns anos co alumnado de 6º de primaria.
Por desgraza, reflexa una realidade á que moitas mulleres teñen que enfrontarse.

jueves, 20 de noviembre de 2014

OS DEREITOS D@S NEN@S





O día 20 de novembro é o Día Internacional dos dereitos d@s nen@s. Por este motivo colgamos enlaces que poden resultar de interese para traballar na clase e saber máis sobre o tema. Esperamos que sexan do voso interese.
Orientación Andújar
Contos I
Contos II
Ceip de Pazos
Ceip Mestres Goldar
Ceip Milladoiro
Ceip Víctor Sáenz
Imaxes para colorear

Tamén queremos compartir convosco un conto de Anxo Moure titulado "Niño Hambre",con ilustracións de Cristina Ouro

jueves, 13 de noviembre de 2014

SEGUIMOS FESTEXANDO A SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

Estes días, grazas á colaboración de varias familias puidemos seguir festexando a Semana da Tradición Oral. Maite, a mamá de Nuria, contoulle aos nen@s de infantil o conto de "Brancaneves". Carmen, a mamá de Uxía e Sabela, contou aos nenos de 4º, 5º e 6º "O gato con botas". Por último, César, o pai de Rodrigo e Dani, narrou aos nenos de 1º, 2º e 3º unha historia real da súa infancia ocorrida nun muíño acompañada de varias coplas que a súa nai lle recitaba.
Moitas grazas a tod@s!!

martes, 11 de noviembre de 2014

CONSTELACIONES




Hoxe @s ne@s de infantil e do 1º ciclo de primaria foron ao teatro a Narón a ver a obra "Constelaciones".

Esta actuación, levada a cabo por Aracaladanza, inspírase na obra plástica de Joan Miró. As formas abstractas e as cores empregadas polo artista catalán cobran vida da man duns magníficos  bailaríns nun show que ten como obxectivo principal divertir ao público.

Queredes ver como ilustran esta obra de teatro os nosos peques?
Non perdades de ver o seguinte album elaborado con todos os seus debuxos. 

domingo, 9 de noviembre de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES



Esta fin de semana celebráronse en Santiago as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Por suposto, o noso cole non podía perderse a oportunidade de asistir a esta cita e alá fomos!!
Vimos cargados de ideas e propostas para seguir mellorando no noso traballo!!

POR FIN CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!



Este venres comezaron a súa andaina as mochilas viaxeiras. Esperamos que o seu contido sexa do voso agrado. Agradeceríamos que un ano máis colaborásedes coa vosa aportación no caderno viaxeiro así como cubrindo a enquisa que as acompaña. Deste modo poderemos melloralas!!

jueves, 6 de noviembre de 2014

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Do día 4 ao 10 de novembro festexamos a Semana da Tradición Oral. Para estes días temos organizados varios eventos.
O concello de Fene levou a cabo un programa que leva por título "Construíndo Pontes: recuperación da memoria histórica de Fene" e ofreceunos a posibilidade de vírnolo presentar ao cole.
Por suposto, non perdimos esta gran oportunidade e hoxe viñeron dúas das participantes deste proxecto a contarnos cousas moi curiosas sobre a nosa comarca.
Saíron moitos temas: a lancha que os transportaba a Ferrol, a aduana, o nacemento de Astano, xogos e xoguetes típicos daquela época, a separación por sexos nos colexios,..
Por último, practicamos xogos tradicionais de antano.
A xornada foi moi produtiva!!


jueves, 30 de octubre de 2014

MAGOSTO

Nunha entrada anterior, colgamos fotos sobre a exposición de cabazas e o seu proceso de elaboración pero... Faltan as fotos do magosto e das carrilanas!!! Aquí vos van!!

lunes, 27 de octubre de 2014

A NOSA BIBLIO NO SAMAÍN

Para ir acorde coa festa que celebramos, decoramos a biblio de forma terrorífica. Atrevédesvos a entrar? Non perdades a ocasión de botar unha ollada á nosa mesa temática de libros de medo.
Tamén aproveitamos estas datas para transformar a nosa biblio nunha sala de cine e ver a peli Monster House. Moi atentos porque despois traballaremos sobre ela!





Por último, dicirvos que se queredes aprender cousas sobre o Samaín picade no seguinte enlace. Seguro que descubrides moitas curiosidades.
 Samaín

UN SAMAÍN DE MEDO

Onte festexamos o Samain. Iniciamos o día coa visita á exposición de cabazas, previamente elaboradas polos alumnos nas aulas. Que medo!! Para chegar a ela tiñamos que pasar por un túnel terrorífico!!
Despois, continuamos a mañá con xogos populares e coa degustación de castañas. Por último, rematamos a festa coas desexadas carrilanas.
O día estivo xenial!!


Aquí vos vai unha canción con moito ritmo de Paco Nogueiras recollida no CD Brinca vai!

ANDAINA AO FORGOSELO

O pasado luns, fomos de andaina ao Forgoselo con todo o alumnado de primaria. O obxectivo desta actividade, ademáis de pasar un día en contacto coa natureza era recoller cogomelos, identificalos e logo facer unha exposición con eles no cole.
Inicialmente, o profe Xoán, que é o noso experto en cogomelos, deunos unha charla moi interesante sobre os diferentes tipos que poderiamos atopar, os que son velenosos,...

Aínda que acabamos un pouco cansos o día estivo xenial. O tempo acompañou e atopamos exemplares do máis variado. Aquí vos vai unha selección de fotos deste día.

jueves, 9 de octubre de 2014

OS CESTOS TEMÁTICOS





Por fin, o día 1 de outubro repartimos os cestos temáticos por todas as aulas. O seu contido está relacionado principalmente co outono e co Samaín. A próxima entrega será no mes de decembro. Esperamos que vos gusten!!

lunes, 29 de septiembre de 2014

FESTA DA BENVIDA

O venres pasado celebramos a nosa tradicional "Festa da benvida". É a primeira toma de contacto con toda a comunidade educativa e unha ocasión excepcional para traballar as froitas do outono.
Grazas á colaboración das familias, puidemos facer unha exposición na entrada do colexio con froitas típicas desta estación. Ademáis, a partires das 13:00 pasámolo moi ben cos xogos tradicionais e por último puxémonos as botas co concurso de sobremesas.  Vai pinta que tiñan todas elas!! Que ricas!!!

O gañador deste ano foi Mario. Parabéns !!

Queremos aproveitar para agradecer a todas as familias a súa colaboración tanto para a exposición como no concurso de sobremesas.

Aquí vos vai un resumo do día.

lunes, 22 de septiembre de 2014

BIBLIOMÓBIL



Os nosos libros están desexando saír da biblioteca!! Queren ir ao patio cos máis peques do cole, ás clases dos máis maiores e a todas as casas a coñecer caras novas.
Con ese obxectivo xa puxemos en funcionamento a bibliomóbil que acompañará aos máis peques no tempo de lecer. Tamén comezarán esta semana a circular polas aulas os nosos tradicionais cestos temáticos. Ademáis, dentro de moi pouquiño comezaremos coas mochilas viaxeiras.

MESA DE NOVIDADES





Se queredes ver as novas adquisicións da biblio,  temos na entrada do cole a mesa de novidades.
A temática é variada, hai para todos os gustos e todas as idades.
Animádevos a botarlle unha ollada!!


miércoles, 10 de septiembre de 2014

PREPARADOS, LISTOS,....COMEZAMOS!!!!

Ola a tod@s!! Hoxe damos comezo a un novo curso.
Estades preparad@s?
Pois nós si!!! Temos moitas propostas e novas actividades coas que seguro que o imos pasar moi ben e coas que aprenderemos unha morea de cousas!

EMPEZA A CONTA ATRÁS RAPACES E RAPAZAS!!
ASÍ QUE, PREPARADOS, LIST@S,... COOOMEZAMOS!!


domingo, 22 de junio de 2014

BIBLIOPUNTOS DO TERCEIRO TRIMESTRE

O venres, día 20, rematamos o curso e tamén rematamos as actividades da biblio do curso 2013 - 14 coa proclamación do máis león ou máis leona e a entrega de agasallos para @s máis lector@s.
Había moitísima espectación porque non se coñecía o nome d@ gañador/a.
Resultou que había parella!!!
A máis leona foi SARA, empatada con DANI PORTOMEÑE, o máis león.
A continuación, houbo entrega dun montón de agasallos porque tamén había un montón de cartillas cubertas.
Ao final, entrega de regalos a tod@s @s alumn@s de INFANTIL, de 3, 4 e 5 anos porque este trimestre leron moitísimo.
E con esta noticia, despídome ata setembro.
Pasade moi boas vacacións e disfrutade lendo un bo libro, tanto @s maiores coma @s pequen@s.
CASCABEL.

miércoles, 18 de junio de 2014

AMA/APADRIÑAMENTOS XUÑO

Hoxe fixemos os  terceiros ama/apadriñamentos do curso que xa acaba.
Tivemos un día estupendo, ideal para estar no campo ou á sombriña. Pero, como podedes ver polas fotos, búscanse os espazos máis diversos para ler.

sábado, 14 de junio de 2014

PRÉSTAMOS VERÁN

O luns, día 16, imos de excursión e vai ser un pouco difícil ter tempo para pasar pola biblioteca, pero xa sabedes que a partires do martes,17, e ata o venres, 20, podedes, coma nos últimos anos, retirar lotes de libros da biblioteca para lelos no verán.

viernes, 13 de junio de 2014

PORTARRETRATOS

Xa está lista a exposición dos portarretratos feitos polo alumnado do terceiro ciclo.
Quedaron espectaculares.
Podedes comprobalo achegándovos ao cole. Estarán expostos na entrada  ata o día 19 deste mes de xuño, xa que o 20, por ser o último día de clase, desmontarase a exposición e cada un/ha levará o seu traballo para a casa.
ANIMÁDEVOS!!!
Merece a pena velos!!!

jueves, 12 de junio de 2014

ANA E OS DIVERSÓNICOS

Onte Nuria, de 5º de Infantil, liulles @s súas/seus compañeir@s  e a0 alumnado de 6º de Primaria o seu libro de pictogramas "ANA E OS DIVERSÓNICOS".
Todo un exitazo!!!
Moi ben, Nuri!!!
 

miércoles, 11 de junio de 2014

PRECIOSO AGASALLO

Todos estes libros que vedes na foto son unha doazón do ANPA do noso cole.
Moitas grazas pola vosa xenerosidade!!!
Tede por certo que as vosas fillas e os vosos fillos os disfrutarán!!!

martes, 10 de junio de 2014

RECOMENDADOS VERÁN

Pois xa está chegando o verán e con el tod@s teremos máis tempo para ler o que nos apeteza. Aquí vai a nosa selección de recomendados.

lunes, 9 de junio de 2014

A CASIÑA DE CHOCOLATE

Hoxe tivemos a última sesión de "Lecturas mil" do presente curso.
Esta vez o lector foi Juan José, pai de Hugo, que liu "A CASIÑA DE CHOCOLATE" axudado polo seu fillo.
Sen pensalo, tivemos uns/unhas espectador@s especiais: @s alumn@s que o próximo curso empezan en Infantil, que estaban de visita no cole.
Queremos agradecerlle a Juan José que preparara a súa lectura en galego, xa que el non é de aquí,que veu do Sur.

viernes, 6 de junio de 2014

LA TORTUGA Y LA LIEBRE

A lectura de hoxe, a fábula "LA TORTUGA Y LA LIEBRE", correu a cargo de Víctor, coa importante axuda da súa filla Lidia.

jueves, 5 de junio de 2014

LA BELLA Y LA BESTIA

Daniel Portomeñe liulles  hoxe aos/as  seus/súas compañeir@s unha versión clásica do conto "LA BELLA Y LA BESTIA".

LA BELLA Y LA BESTIA by Slidely Slideshow

miércoles, 4 de junio de 2014

lunes, 2 de junio de 2014

O RATO DA CASA E O RATO DO MONTE

Hoxe as lectoras foron Diaou e Aroa. Léronlles aos do primeiro ciclo o libro titulado "O RATO DA CASA E O RATO DO MONTE".

Flor Durán de Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 30 de mayo de 2014

jueves, 29 de mayo de 2014

DE PASEO

Hoxe houbo un trío de lectores. Foron Alex, Ignacio e Gabi de 4º.
Leron para @s pequen@s un conto de Mon Laporta titulado "DE PASEO".
Bicos,aplausos e diplomas ao final da lectura.

miércoles, 28 de mayo de 2014

martes, 27 de mayo de 2014

BOMBÁSTICA NATURALIS

A lectura de hoxe correu a cargo de David Maceiras que  leu para @s compañeir@s da súa clase "BOMBÁSTICA NATURALIS". Un libro moi curioso cunhas ilustracións especiais.

lunes, 26 de mayo de 2014

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE

Hoxe as encargadas de ler o conto eran Maite e Aroa, de 6º.
Por problemas de saúde, Aroa non puido vir ao cole e Maite, valente ela, atreviuse a ler soa e o fixo moi ben.
O conto, para @s alumn@s do 1º ciclo, foi "A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE".

viernes, 23 de mayo de 2014

PACO

Hoxe as lectoras foron Antía e Sofía. Leron a dúo o conto "PACO" para as nenas e os nenos de Infantil.
Unha lectura estupenda!!!

jueves, 22 de mayo de 2014

GUAI E A CACA TRASNA

Hoxe, Brais e Raúl teron para tod@s @s de Infantil "GUAI E A CACA TRASNA", un tema "moi interesante".

Flor Durán's Slidely Gallery by Slidely Slideshow

miércoles, 21 de mayo de 2014

O MANDARÍN E OS PAXAROS

Hoxe, Luis de 2º contoulles aos máis peques do cole o conto de "O mandarín e os paxaros". Estivo moi entretido. Parabéns Luis, fixéchelo moi ben!!


CELIANA E A CIDADE ASOLAGADA

Hoxe na hora de ler, a máis leona do cole contou aos nenos e nenas de 1º e 2º un conto titulado "Celiana e a cidade asolagada"


Parabéns Sara. Fixéchelo xenial!!


APRENDEMOS A RECICLAR

Hoxe, por medio do concello, recibimos unha charla sobre a reciclaxe. Aprendimos moitas cousas e ademáis déronnos un agasallo.



lunes, 19 de mayo de 2014

JUEGOS EN LA ESCUELA

Hoxe Laura de 2º mostrounos aos profes e aos peques do cole o ben que o fai cando le un conto. Escolleu un da famosa Peppa Pig titulado "Juegos en la escuela". Estivo xenial!! Parabéns Laura!!

sábado, 17 de mayo de 2014

FESTA DAS LETRAS 2014

Xa que o día 17 caeu este ano en sábado, o venres, 14, celebramos a FESTA DAS LETRAS 2014.
Antía e Yanedt presentaron o acto, onde houbo un pouco de todo: poesía, teatro, música, ...para homenaxear a XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO.
Rematado o festival, saimos ao patio de canastas para cantarlle ao MAIO.
Esta vez o maio foi Carlos, que o fixo moi ben.

jueves, 15 de mayo de 2014

MAIO 2014

Hoxe tocou confeccionar o MAIO e fixémolo entre tod@s.
Mañá, día do Festival das Letras, cantarémoslle.

PEPA Y LOS BICHOS

Hoxe a lectora foi Lidia, que lles leu aos peques "PEPA Y LOS BICHOS". Fíxoo fenomenal.

miércoles, 14 de mayo de 2014

MANDA NARICES

Hoxe, o lector do conto MANDA NARICES era...
UN PALLASO DE NARIZ VERMELLA!!!
E, para completar a sesión, despois da lectura fixo, cun billete de 5€, un truco de maxia.
Case parecía que estabamos no circo.

Flor Durán's Slidely by Slidely Slideshow

martes, 13 de mayo de 2014

ALFOMBRA

Hoxe, día 13 de maio, todo o colexio ocupouse da elaboración da alfombra, que este curso é de animais por estar relacionada co noso PDI "Por terra, mar e aire".
Quedou preciosa, despois de traballar arreo toda a mañán.
ESTADES TOD@S INVITAD@S A PASAR A VELA!!!

OS BOLECHAS VAN POLA RÚA

Hoxe encargáronse de ler "OS BOLECHAS VAN POLA RÚA" Andrea e Iraida e o fixeron moi ben.
Ao final, o merecido diploma.


DÍPTICO LETRAS 2014

Aquí está o díptico que enviamos ás casas con información do autor homenaxeado este ano e cunha pequena selección de libros recomendados.
 

lunes, 12 de mayo de 2014

ADIVINA, ADIVINANZA

Nuri e a súa nai, Maite, co libro "ADIVINA, ADIVINANZA" comprobaron que as nosas nenas e os nosos nenos acertan case todas as adiviñas que se lles plantexan.
NORABOA A TOD@S!!!

Flor Durán's Slidely Gallery by Slidely Slideshow

FESTA DAS LETRAS 2014

Este é o programa desta semana. Seguiremos co programa de lecturas todos os días, agás o venres, día 16. A lectura dese día trasladarase a xuño.

sábado, 10 de mayo de 2014

EXPOSICIÓN DE LIBROS

Coma en anos anteriores, a librería CONTOS de Fene, colabora con nós nestas datas e fainos un préstamo temporal de libros en galego.
Temos un horario para que as distintas clases pasen pola biblioteca a mirar con detalle os libros, que poden ser adquiridos.
As familias tamén poderán vela falando previamente co/coa titor/a do seu fillo ou filla ou o venres, 16, día do Festival das Letras.

OS TRES PORQUIÑOS

Este venres, día 9, foi César, pai de Rodrigo, quen veu contarnos o conto OS TRES PORQUIÑOS. Un clásico que gusta moito ás/aos máis pequenas/os.

jueves, 8 de mayo de 2014

O COELLIÑO BRANCO

Hoxe, Brais Pazo e a súa nai, Rebeca, leron e contaron o sempre entrañable "O COELLIÑO BRANCO".

Flor Durán's Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 7 de mayo de 2014

O PEIZOQUE ROQUE

A de hoxe foi unha historia "real", vivida por César, pai de Daniel Castro, que lle sucedeu un día que andaba paseando polos montes de Perlío.

martes, 6 de mayo de 2014

A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES

Hoxe leron Xabi e a súa nai, Silvia. O conto lido foi "A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES". 
Boa elección. Unha historia atractiva e simpática.

lunes, 5 de mayo de 2014

EL SAPO

A mamá que veu hoxe foi Saila, a de Diaou. Prometéranos ler o conto "Aquí dentro hay un secreto para héroes", pero xa me mandara recado de que non atopaba o libro elexido e tiña que cambialo.
O conto foi "El sapo", con proverbio e todo.

viernes, 2 de mayo de 2014

LECTURAS MAIO E XUÑO

Este é, de momento, o calendario de lecturas confirmadas para maio e xuño.

DOUS CONTOS NUNHA SESIÓN

Pois así foi. O mércores, 30 de abril, tivemos unha espontánea para contar un conto e por ese motivo, houbo conto contado e, logo, conto lido.
A nai de Mateo veu facer unha actividade na aula do seu fillo e, relacionado coa actividade, propuxo contar, para todo Infantil, o conto "As mazaroucas douradas".
Máis tarde, xa citada previamente, a nai de Daniel Portomeñe veu ler, axudada polo seu fillo, "Campamento Bop Esponja".
Pois xa estamos facendo como nos supermercados "2 x 1". É lóxico, xa o dicía a convocatoria: "EN ABRIL, LECTURAS MIL".

martes, 29 de abril de 2014

TANNEKE, A PRINCESA DAS BRUXAS

Onte ía ler un conto Marco, pero quedouse sen voz e non puido ser.
Hoxe, Mariña e a súa nai Silvia léronnos "Tanneke, a princesa das bruxas".

TANNEKE, A PRINCESA DAS BRUXAS by Slidely Slideshow

viernes, 25 de abril de 2014

A TARTARUGA QUE NON PODÍA DURMIR

Hoxe foi Enma, a nai de Fátima, a encargada de lernos o conto e contou non con unha, senon con dúas grandes axudantas: a súa filla Fátima e Aixa.
Con semellante axuda, calquera le ben un conto!!!

A TARTARUGA QUE NON PODÍA DURMIR by Slidely Slideshow

jueves, 24 de abril de 2014

COCORICO

O conto de hoxe foi  o sempre entrañable COCORICO.
Encargouse da súa lectura Marta coa axuda da súa filla Andrea.
 Un conto precioso.

martes, 22 de abril de 2014

EL LEÓN QUE NO SABÍA ESCRIBIR

Hoxe veu ler Carmen, nai de Uxía, que contou coa inestimable axuda da súa filla para pasar as follas e mostrar as ilustracións do libro que levaba por título
EL LEÓN QUE NO SABÍA ESCRIBIR

EL LEÓN QUE NO SABÍA ESCRIBIR by Slidely Slideshow

sábado, 12 de abril de 2014

LA PRIMERA VEZ QUE NACÍ

O venres, día 11, veu ler Dolores, a nai de Brais. O conto elexido por nai e fillo foi LA PRIMERA VEZ QUE NACÍ. Unha historia moi curiosa que tivo un gran éxito.

LA PRIMERA VEZ QUE NACÍ by Slidely Slideshow

miércoles, 9 de abril de 2014

O HOME DO LUME

A lectura de hoxe foi algo especial.
Tivemos catro lectores: Sara, a súa nai(técnico forestal) e dous compañeiros de profesión que nos leron, como non!, o conto "O HOME DO LUME" sobre os incendios forestais.
Ao final da lectura houbo unha rolda de preguntas sobre os bosques, os incendios forestais, a prevención, ...

O HOME DO LUME by Slidely Slideshow

martes, 8 de abril de 2014

LA GALLINA COCORINA

Hoxe tocoulle vir ler a Manuela, a nai de Leire.
O conto elexido foi "LA GALLINA COCORINA".
Unha bonita historia e unhas ilustracións moi alegres.

La gallina Cocorina by Slidely Slideshow

lunes, 7 de abril de 2014

PETRA

Montse, a nai de David Picallo, veu ler para o 1º Ciclo PETRA, unha historia tenra, bonita e simpática.


PETRA by Slidely Slideshow

domingo, 6 de abril de 2014

CONCERTO DIDÁCTICO

O venres, día 4, asistimos a un concerto didáctico a cargo da Banda de Música do Tercio Norte, no Cuartel de Dolores. Acabado o concerto e no mesmo cuartel, asistimos a unha exhibición de cans amestrados. Moitos ofrecéronse voluntarios para axudar á exhibición.
A continuación o 2º e 3º ciclos achegámonos ao Museo Naval, onde puidemos contemplar cousas moi curiosas, coma mascaróns de proa, pastecas, cois, anclas de variados tamaños e formas, cabos de todo tipo e o esparto para fabricalos,... ata puidemos ver e tocar un coche de bombeiros que era tirado por CABALOS!!!


CONCERTO E MUSEO by Slidely Slideshow

miércoles, 2 de abril de 2014

LA BUENA PIPA

Hoxe, Día do Libro Infantil e Xuvenil, celebrámolo en O Ramo coa actuación do grupo de contacontos "La Buena Pipa".
Estiveron fantásticos. Contaron unha morea de contos a cal máis ameno e divertido.

ENTREGA DE BIBLIOPUNTOS

O venres pasado fixemos entrega de agasallos aos nenos e nenas que cubriron as súas cartillas de bibliopuntos. Queredes saber quen son os máis leóns e leonas do cole?

PRIMEIRA LECTORA E VIDEOCONFERENCIA

Hoxe tivemos sesión dobre:
Por un lado Carmen e Sabela(nai e filla) leron e ensinaron o libro titulado "Los vestidos de mamá".
Un festín para a vista.

Despois, @s rapaces/zas de 3º do colexio "Santiago Apóstolo" de Franza, polo Skype, léronnos o conto "O vendedor de boinas" ilustrado por eles mesmos.
Todo un agasallo.
MOITAS GRAZAS A ELES E Á PROFE ALICIA.





lunes, 31 de marzo de 2014

AMADRIÑAMENTOS/APADRIÑAMENTOS

Aproveitando o tempo soleado fixemos os amadriñamentos/apadriñamentos do 2º trimestre.
Cada un/ha foi onde quixo e todo o colexio estaba cheo de madriñas, padriños, afillados, afilladas. Daba xenio velos!!!

Flor Durán's Slidely by Slidely Slideshow

jueves, 27 de marzo de 2014

EN ABRIL, LECTURAS MIL

Por fin xa temos listo, aínda que abert@s a calquera modificación necesaria, o calendario de lecturas de abril e maio.
Tod@s esperamos disfrutalas!!!

miércoles, 26 de marzo de 2014

ILUSTRADORES POR UN DÍA

Onte fumos ilustradores de contos grazas ás orientacións de IVÁN SUÁREZ que nos mostrou unha morea de "trucos" para dotar aos nosos personaxes  de emocións, sentimentos, movementos... Aprendimos un montón de cousas!!!

miércoles, 19 de marzo de 2014

NA SEMANA DE....

Durante este curso, os alumn@s de Ed. Infantil de 4 anos están levando a cabo unha experiencia moi chula. Co fin de coñecerse todos un pouquiño mellor, cada semana un deles é o protagonista e comparte con todos fotografías,os xoguetes que máis lle gustan, explica como é a súa familia,... Ademáis, convidamos aos seus pais a realizar durante esa semana unha actividade co grupo-clase, reforzando así as relacións familia-escola que tan importantes nos parecen.
Os papás estanse involucrado moito e están saíndo experiencias xeniais.
En concreto queremos ensinarvos esta por estar relacionada coa animación á lectura. Os pais de Carla e Jaime viñeron acompañados dunha amiga moi especial. Un esquío que lles contou aos nen@s o conto de "Las ardillas y el optimismo". Queredes ver algunhas fotiños? Pois aquí vos van!!
REBECA BLANCO's Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 12 de marzo de 2014

MARATÓN DE LECTURA

O luns, día 10, participamos no XIV Maratón de Lectura organizado polo Concello para celebrar o Día da Muller.
Ao final das lecturas, agasalláronos cun diploma e unha flor para cada profe.
Sempre o celebramos na biblioteca, pero este ano foi no salón de actos por problemas organizativos. Unha mágoa!
Aquí vos deixo unhas fotos do acto.


viernes, 7 de marzo de 2014

PREPARANDO ABRIL

Saíron hoxe para as casas as cartas nas que invitamos a todos os membros das familias a celebrar o MES DO LIBRO E A LECTURA cunha lectura na biblioteca.
Esperamos que nesta ocasión respondades, como menos, tan ben coma no curso pasado.
MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN!!!

jueves, 6 de marzo de 2014

QUEIMA DO MECO

Como todos os anos, á volta das vacacións do Entroido, despois de ler os cargos que atopamos contra "THE CORRUPTOR"e de ler o seu testamento, procedimos a condenalo a morrer queimado.
E así se fixo.

Aquí está el moi fachendoso, escoitando os cargos e a sentencia.

Atopámolo culpable e condenámolo.