domingo, 21 de diciembre de 2014

UN AGASALLO... UN LIBRO!!

Queremos axudarvos a escribir a carta a Papá Noel e aos Reis así que aquí vos deixamos as nosas lecturas recomendadas.
Aproveitamos tamén para desexarvos a todos unas felices festas.

jueves, 18 de diciembre de 2014

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe celebramos os primeiros apadriñamentos e amadriñamentos lectores deste curso. Chega o Nadal e..., que mellor agasallo que poder disfrutar dun conto na compaña doutr@s amiguiñ@s??

miércoles, 3 de diciembre de 2014

SEMANA DA DISCAPACIDADE


A Asamblea Xeral das Nacións Unidas creou os días internacionais para centrar a atención da sociedade nun problema ou aspecto da vida concreto, polo menos por un día. Hoxe, día 3 de decembro, está adicado ás persoas con discapacidade.
A continuación deixámosvos "El cazo de Lorenzo". Este conto trata de explicar aos nen@s o que significa ter discapacidade. Merece a pena pasarse uns minutiños a escoitalo.