domingo, 24 de abril de 2016

VISITA Á RIBEIRA DE BARALLOBRE

O venres, seguindo coas actividades programadas dentro do PDI que estamos a traballar este curso, fixemos unha excursión á Ribeira de Barallobre. Alí poidemos recoller diferentes tipos de cunhas e pedras, aprender cousas sobre os animais da nosa costa, así como do oficio do marisqueo a importancia do coidado do entorno, o coidado dos animais,...

Tamén axudamos a salvar a un cormorán ferido!!

Foi unha saída moi produtiva!!


sábado, 23 de abril de 2016

FELIZ DÍA DO LIBRO!!



Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo.
Adicádelle uns minutiños a lelo.
Asegúrovos que merece a pena.

O NOSO ALUMNADO RECOMENDA

Hoxe, queremos festexar o día do libro escoitando as recomendacións do noso alumnado.

martes, 19 de abril de 2016

APRENDEMOS SOBRE O MELGACHO

Hoxe tocou aprender cousas novas sobre os peixes e en concreto sobre o melgacho.

E a mellor forma é ter dous exemplares para poder coñecelos en vivo e en directo.

Unha vez máis, aquí están os nosos pequenos exploradores!!


viernes, 8 de abril de 2016

TRABALLAMOS AS NOVAS DA RÍA

Os máis peques do cole son uns grans reporteiros!!

Están moi pendentes do que acontece no noso entorno e despois elaboran as novas para contarllas a todos os nenos do cole.

Neste caso, querían informarnos da entrada dun submarino na ría de Ferrol.

Mirade que ben lles quedou!!