viernes, 11 de enero de 2019

CADA MES, UN CONTO. MES DE DECEMBRO

No mes de decembro, teñen a quenda os nenos/as de 2º.
O tema elixido son "AS ADIVIÑAS" , e foron uns  auténticos valentes, que se atreveron a expoñer, nada máis e nada menos que aos nenos maiores de 4º e 6º!
Elaboraron distintos tipos de libros nos que había un montón de adiviñas. Algunhas delas, fomos quen de descubrilas, pero outras... Caramba! Non eran nada doadas!
Pasámolo moi ben.
Aquí tedes algunhas fotos dese día.










Moitas grazas aos nenos/as e á profe Alicia. Noraboa polo traballo! 

martes, 8 de enero de 2019

NOVIDADES NA BIBLIO

Como podedes ver, á volta de Nadal, na biblio tiñamos unha morea de agasallos (libros, películas, xogos...).
Ademais, Papá Noel e os Reis tiveron en conta as vosas peticións porque hai moitos dos que pedíchedes antes de marchar de vacacións...
A que esperades para vir a desfrutalos? Na biblio esperámosvos con toda a ilusión! :)