jueves, 28 de marzo de 2019

2º APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR 2019

Aquí estamos, outro trimestre máis, cunha actividade moi enriquecedora para todos/as: Os apadriñamentos/amadriñamentos lectores!
Todos estaban entusiasmados, desexando que chegara o momento de compartir un anaquiño do seu tempo co seu padriño- madriña ou afillado- afillada.
E dende a biblio, non podemos estar máis orgullosos de todos eles. Noraboa rapaces!
Xa sabedes, "A mellor aventura, un libro. E se é compartida, doble aventura".
Aquí tedes moitas imaxes onde podedes ver o ben que o pasaron.

































jueves, 7 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE POESÍA


Para o mes da poesía poder festexar
distintos obradoiros decidimos realizar.
Traballamos con refráns, adiviñas e cancións
e grazas a iso, aprendemos un montón.

Feliz mes da poesía para todos/as!!
Aquí tedes algunhas fotos destes obradoiros: