domingo, 2 de junio de 2019

CADA MES, UN CONTO. FEBREIRO


En febreiro, tocáballe a quenda aos nenos/as de educación infantil, pero por diversos motivos, non puidemos facelo antes. 
A espera mereceu moitísimo a pena. Ensináronos aos nenos/as de 3º todo o seu traballo sobre Kandinsky. Fomos polas distintas aulas aprendendo cousas moi interesantes sobre a súa vida e a súa obra. Ao rematar, convidáronnos a facer con eles unha obra de arte utilizando as técnicas do artista. Quedou unha obra súper chula, e iso, unido a que foi unha experiencia fantástica e moi divertida, de seguro que o lembrarán durante moito tempo! 
Moitas grazas tamén ás profes de infantil que fixeron posible este traballo. 
Que viva a arte e os nosos/as artistas!