jueves, 28 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO DIA CONTRA A VIOLENCIA

O día 25 de novembro, celébrase o "DÍA CONTRA A VIOLENCIA".💜💜

Dende a biblio, os nenos/as decidiron facer durante varios recreos, un mural con palabras positivas (que é o que queremos) e negativas (que é o que non queremos) sobre a violencia. A idea era facer un alfabeto de cada unha das posibilidades.
Non tiveron dúbida en razoar a elección de cores: O morado como cor para a cartulina de fondo, prateado para as palabras positivas e negro para as negativas.
Ás veces era difícil atopar palabras con algunha letra concreta, pero entre todos e con un pouquiño de axuda, finalmente conseguimos completalo.
Estamos moi orgullosos dos nosos pequenos porque foi unha actividade moi ben acollida na que participaron moitos deles.
Moitas grazas, rapaces!!

Así traballaron e así de marabilloso foi o resultado:



















domingo, 24 de noviembre de 2019

Ponte no meu lugar


Seguindo co proxecto de sensibilización coa discapacidade, o venres visitáronnos os nosos amigos e amigas de ASPANEPS, que como cada ano, achegaron ao alumnado de 5º de primaria  a súa actividade "Ponte no meu lugar" co obxectivo de que os nenos e nenas vivencien , entendan e empaticen con persoas con diversidade funcional. Unha actividade que o alumnado describiu como "divertida", "interesante" e na que vivenciaron "novas sensacións". 


Aquí tedes o marabilloso vídeo que se fixo dende  "O ramo produccións" , onde podedes ver reflictido todo o traballo.





Mil grazas como cada ano a todo o equipo de ASPANEPS que achega aos centros e ao alumnado esta actividade tan necesaria e enriquecedora.

viernes, 22 de noviembre de 2019

CANTAMOS: Contacontos de Celtia Figueiras.



Hoxe, 22 de novembro, festexamos varias datas importantes:
- O propio 22 de novembro, que se festexa o día de  Santa Icía, a patrona da música.
- O 3 de decembro, que temos perto, que é o "Día internacional das persoas con discapacidade".


O contacontos chámase "Cantamos" e está relacionado cun libro do mesmo nome, escrito por Luis Vallecillos e adaptado pola propia Celtia Figueiras.
Son adaptación de contos clásicos moi divertidas, que ademais, están escritos con pictogramas, para facilitar a xuda da súa lectura aos nenos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
Consideramos un xeito fenomenal de comezar o curso, con boa lectura e boa música!

Presetnounos á súa amiga Rosiña. que lle acudou a contar algún dos contos. Pasamos polos tres porquiños, o gato con botas e acabamos todos bailando e cantando "Xan sen medo non se pode asustar! "🎵🎵

Así de ben o pasamos!!



























jueves, 21 de noviembre de 2019

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA



O mes de novembro, é o mes da ciencia. 
Por iso, dende a biblio queríamos aportar o noso gran de area.

Ademáis de propoñer nas estanterías libros de ciencia, fixemos para educación infantil un experimento relacionado coas cores.


 
Que estaremos a argallar con estes materiais?? Se queredes sabelo, só tedes que continuar lendo...





O experimento levou por título " As cores que comparten" e tiña como obxectivo descubrir as cores primarias e as secundarias, a mestura de cores e a absorción e comunicación da auga entre os vasos de maneira que quedasen todos máis ou menos coa mesma cantidade. 

O proceso foi o seguinte:

Primeiro, precisamos 7 vasos transparentes colocados en ringleira. Posteriormete enchíamolos de auga de xeito alternativo (un sí, un non...)







Agora, ímoslle poñer un pouquiño de cor! Imos utilizar as cores primarias do seguinte xeito:
 Nos dous vasos dos extremos, botamos colorante vermello e nos outros dous que teñen auga, botamos amarelo nun vaso e azul noutro.








Agora precisamos axuda dos nosos pequenos/as. Temos que facer "churriños" de papel, que despois usaremos para comunicar os vasos cheos cos vasos baleiros.







Agora só falta que as cores comecen a falar e a compartir... Pero como leva un ratiño... que mellor maneira de esperar que contando un conto.

Contamos o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" que é moi propio para tratar o tema das cores, xa que resulta que  pequeno azul e pequeno amarelo cando se xuntan forman outra cor... 
Que cor será... Pequeno.....?? 
Verde!! Moi ben...




Cando rematamos de ler o conto... todos estábamos moi intrigados, pensando se ocorrería algo mentres esperábamos.
Chegou o momento de descubrilo...





As cores estaban comezando a mesturarse e os vasos cheos estaban compartindo a auga con aqueles que non tiñan nada.  

Despois dun anaquiño máis, xa estaban mesturados completamente. Así aprendemos a mestura das cores e tamén a importancia de compartir...
Este foi o resultado final!




lunes, 11 de noviembre de 2019

Formación de usuarios



Como xa puidestes ver que a biblioteca está un pouquiño cambiada, aproveitamos para facer unha formación de usuarios un pouquiño máis exhaustiva.
A formación de usuarios é fundamental para salientar a importancia da biblioteca e do seu bo uso. Para que todos/as entendamos que os libros son de todos/as e por iso, temos que coidalos con especial agarimo. O mesmo ocorre coas tablets e os xogos. Se queremos que perduren ao longo do tempo para poder disfrutar deles o máximo posible, temos que seguir unha serie de pautas moi faciliñas.

Comezamos, como sempre, explicando as normas da biblio (o coidado dos libros, o préstamo. o uso dos marcadores...)
Falamos tamén dos xogos e as tablets, como e cando se poden utilizar, cómo se deben tratar e recoller...

Despois, explicamos tamén os cambios físicos que fixemos na biblio. Contámoslles a nova disposición de fondos e a facilidade de atopalos por temáticas ao poñer a sinalización con debuxo enriba de cada estantería.

Ensinámoslles os distintos espazos da biblio, aínda que como é moi camaleónica, o que hoxe serve de recuncho de lectura, mañá pode ser o lugar dun contacontos...

Os nenos/as quedaron moi satisfeitos co resultado e seguro que farán un bo uso da biblio.  Pola nosa banda, intentaremos, pouquiño a pouco, ir mellorándoa cada vez máis, para que os nenos/as se sigan sentindo cómodos e queiran seguir formando parte da nosa biblioteca. 
 

Aquí tedes algunhas imaxes da formación con algún dos cursos: