jueves, 20 de febrero de 2020

Corazóns de agarimo!

Pola semana do agarimo que festexamos todos os anos no centro, a biblioteca propuxo unha actividade chamada "Corazóns de agarimo".
Repartimos polas aulas unha silueta dun corazón (vermello ou rosa) para cada neno/a e deixamos outros poucos na sala de mestres por se algún mestre quería participar tamén na actividade.
Nese corazón, debían escribir qué significaba para eles o agarimo.
Cando os tivemos todos, pegámolos na árbore dos desexos que temos na entrada.
Quedou así de fermoso! 💕