lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ 2022

Para celebrar o Día da Paz durante a semana todo o alumnado  decorou siluetas de nenos e nenas que os representaban  e escribiu neles unha palabra ou mensaxe de paz. Logo, colgámolas na entrada do cole.


O alumnado de 6º elaborou un manifesto pola paz e hoxe ás 13:00 vímolo todos nas nosas aulas a través da nosa canle educativa. Por se vos apetece velo, aquí vos deixamos o manifesto.


Por último, cantamos nas clases a canción "Navegando rumbo á paz".

Feliz Día da Paz!