viernes, 30 de septiembre de 2022

FESTA DA BENVIDA

Despois de dous anos de restricións, voltamos a retomar a nosa Festa da Benvida tal e como a coñecíamos antes da pandemia. É a primeira toma de contacto de toda a comunidade educativa e a temática de traballo é o outono.

Grazas á colaboración das familias realizamos unha exposición de froitos desta época. 



Tamén fixemos xogos na biblio ao longo da semana: xogos de vocabulario desta estación  coma "Pasapalabra" e  "Adiviña o que teño na cabeza", taller de creación artística con elementos da natureza, memory de froitos de outono, a nosa adaptación outonal do xogo "Taco, gato, cabra, queixo, pizza" e xogos con robots.







Chegado o día da festa, comezamos coa degustación de sobremesas aportadas polas familias. Este ano foi todo un éxito. Recepcionamos 75 sobremesas!!

Despois tocaron xogos tradicionais e por último a elección da sobremesa máis gorentosa. Este ano recibiu o premio a torta de Dago de 5º de primaria.


                                                                                         




Moitas grazas a todos pola vosa colaboración! É unha maneira xenial de comezar o curso con moita enerxía.

sábado, 17 de septiembre de 2022

COMEZAMOS O CURSO!!!

Comezamos o curso e a nosa biblio xa está como nos gusta. A pleno rendemento!

Algunhas clases xa baixaron para recordar como temos que facer para coller libros dos andeis e xa prepararon a súa cesta de libros de lectura para a clase.






Nos recreos da gusto ver como se enche de nenos enenas!!