Hoxe 23 de abril, que mellor maneira que festexar o día do libro cos nosos apadriñamentos lectores!
miércoles, 23 de abril de 2025
FELIZ DÍA DO LIBRO!
lunes, 7 de abril de 2025
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
O 7 de abril celebramos o Día Mundial da Saúde. E que mellor maneira que facelo coa charla dun nutricionista para fomentar unha alimentación saudable.
Grazas a José Antonio, un papá do cole que se nos ofreceu para poder levar a cabo esta actividade, poidemos aprender unha morea de cousas a ter en conta á hora de levar unha dieta san e equilibrada.
Non quixemos deixalo marchar sen antes facerlle unha pequena entrevista na nosa radio.
Se queredes escoitala aquí tedes o enlace.
Moitas grazas José Antonio polo teu magnífico traballo!
martes, 1 de abril de 2025
2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Hoxe, 2 de abril, realizamos co noso alumnado unha xornada de sensibilización sobre o TEA.
Falamos sobre o tema, visionamos vídeos, desmentimos falsos mitos e elaboramos unhas fermosas pulseiras.
Incluso experimentamos co Astetics-Grid un comunicador dinámico a través do cal moitas persoas que non teñen linguaxe verbal poden comunicarse con nós.