Comezamos as nosas xornadas de sensibilización coa diversidade funcional cuns convidados moi especiais.
Ana Riaño, veu dende Cantabria cos seus inseparables compañeiros de traballo, dous cans de auga, Suri e Nala. Ana ensinounos como estes cans axudan nun centro de educación especial na intervención con moitos alumnos con diversidade funcional.
Despois tivemos a sorte de experimentalo co noso alumnado.
A experiencia foi un éxito!!
Se queredes ver un pequeno resumo fotográfico da xornada podedes facelo no seguinte enlace:
REPORTAXE FOTOGRÁFICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario