Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para este verán.
Bo verán e felices lecturas!!
Achégase o final do curso e na entrada do cole xa tedes algunhas das nosas recomendacións lectoras para verán.
Animádevos a botar unha ollada!!
Un ano máis, retomamos a actividade de lecturas compartidas coas familias.
Moitas grazas a todos os que facedes posible esta actividade que tanto gusta aos nenos!
Este ano Uxía Doval, antiga alumna do centro, veu a facer con nós un obradoiro para que aprendésemos a importancia das cantareiras na conservación da cultura galega. Uxía está moi ligada á música tradicional e coa súa posta en escea e a súa experiencia aprendimos moitísimo.
Moitas grazas Uxi!!
Aproveitando o seu paso polo cole quixemos facerlle unha pequena entrevista. Se queredes escoitala podedes facelo clicando no seguinte enlace. Entrevista Uxía
Este curso decidimos probar a experiencia de facer un clube de lectura de familias e profes. Comezamos co libro "Cerebro y pantallas" de María Couso, para debatir un tema de actualidade que nos ten moi preocupados. A pesares de que fomos poucos os que participamos foi unha tarde moi agradable.
Moitas grazas a todas as participantes! Foi un pracer compartir preocupacións e reflexións con vós.
O ano que ven repetimos!
Estas semanas, o noso colexio comezamos unha nova experiencia: o torneo de xadrez no recreo!
Durante o tempo de lecer, a biblioteca énchese de emoción, concentración e moitas ganas de pasalo ben.
É marabilloso ver como nenos e nenas de diferentes cursos se xuntan arredor dos taboleiros, compartindo estratexias, risas e, sobre todo, moito respecto polo xogo e polos compañeiros. Cada partida é unha oportunidade para aprender, mellorar e facer novas amizades.
A semana que ven máis e mellor!
Hoxe 23 de abril, que mellor maneira que festexar o día do libro cos nosos apadriñamentos lectores!
O 7 de abril celebramos o Día Mundial da Saúde. E que mellor maneira que facelo coa charla dun nutricionista para fomentar unha alimentación saudable.
Grazas a José Antonio, un papá do cole que se nos ofreceu para poder levar a cabo esta actividade, poidemos aprender unha morea de cousas a ter en conta á hora de levar unha dieta san e equilibrada.
Non quixemos deixalo marchar sen antes facerlle unha pequena entrevista na nosa radio.
Se queredes escoitala aquí tedes o enlace.
Moitas grazas José Antonio polo teu magnífico traballo!