viernes, 28 de noviembre de 2014

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
Pola nosa parte, o concello ofreceunos a posibilidade de participar nun concurso sobre esta temática e propúxonos o visionado dunha obra de teatro que se levou a cabo o pasado venres no noso centro. Estivo moi ben xa que a través de moito humor os actores desta obra achegáronnos á terminoloxía relacionada con este tema e xunto a eles puidemos levar a cabo varios experimentos cos que o pasamos moi ben.


jueves, 27 de noviembre de 2014

A PANTASMA DO MALTRATO




O pasado día 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Queriamos recordar neste día o corto elaborado polo profesor Jose Carballido fai uns anos co alumnado de 6º de primaria.
Por desgraza, reflexa una realidade á que moitas mulleres teñen que enfrontarse.

jueves, 20 de noviembre de 2014

OS DEREITOS D@S NEN@S





O día 20 de novembro é o Día Internacional dos dereitos d@s nen@s. Por este motivo colgamos enlaces que poden resultar de interese para traballar na clase e saber máis sobre o tema. Esperamos que sexan do voso interese.
Orientación Andújar
Contos I
Contos II
Ceip de Pazos
Ceip Mestres Goldar
Ceip Milladoiro
Ceip Víctor Sáenz
Imaxes para colorear

Tamén queremos compartir convosco un conto de Anxo Moure titulado "Niño Hambre",con ilustracións de Cristina Ouro

jueves, 13 de noviembre de 2014

SEGUIMOS FESTEXANDO A SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

Estes días, grazas á colaboración de varias familias puidemos seguir festexando a Semana da Tradición Oral. Maite, a mamá de Nuria, contoulle aos nen@s de infantil o conto de "Brancaneves". Carmen, a mamá de Uxía e Sabela, contou aos nenos de 4º, 5º e 6º "O gato con botas". Por último, César, o pai de Rodrigo e Dani, narrou aos nenos de 1º, 2º e 3º unha historia real da súa infancia ocorrida nun muíño acompañada de varias coplas que a súa nai lle recitaba.
Moitas grazas a tod@s!!

martes, 11 de noviembre de 2014

CONSTELACIONES




Hoxe @s ne@s de infantil e do 1º ciclo de primaria foron ao teatro a Narón a ver a obra "Constelaciones".

Esta actuación, levada a cabo por Aracaladanza, inspírase na obra plástica de Joan Miró. As formas abstractas e as cores empregadas polo artista catalán cobran vida da man duns magníficos  bailaríns nun show que ten como obxectivo principal divertir ao público.

Queredes ver como ilustran esta obra de teatro os nosos peques?
Non perdades de ver o seguinte album elaborado con todos os seus debuxos. 

domingo, 9 de noviembre de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES



Esta fin de semana celebráronse en Santiago as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Por suposto, o noso cole non podía perderse a oportunidade de asistir a esta cita e alá fomos!!
Vimos cargados de ideas e propostas para seguir mellorando no noso traballo!!

POR FIN CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!



Este venres comezaron a súa andaina as mochilas viaxeiras. Esperamos que o seu contido sexa do voso agrado. Agradeceríamos que un ano máis colaborásedes coa vosa aportación no caderno viaxeiro así como cubrindo a enquisa que as acompaña. Deste modo poderemos melloralas!!

jueves, 6 de noviembre de 2014

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Do día 4 ao 10 de novembro festexamos a Semana da Tradición Oral. Para estes días temos organizados varios eventos.
O concello de Fene levou a cabo un programa que leva por título "Construíndo Pontes: recuperación da memoria histórica de Fene" e ofreceunos a posibilidade de vírnolo presentar ao cole.
Por suposto, non perdimos esta gran oportunidade e hoxe viñeron dúas das participantes deste proxecto a contarnos cousas moi curiosas sobre a nosa comarca.
Saíron moitos temas: a lancha que os transportaba a Ferrol, a aduana, o nacemento de Astano, xogos e xoguetes típicos daquela época, a separación por sexos nos colexios,..
Por último, practicamos xogos tradicionais de antano.
A xornada foi moi produtiva!!