viernes, 30 de diciembre de 2016

REIS MAGOS 2016

Grazas a Irene, a nai de Carlota, podemos contar con estas fermosas fotos da visita dos Reis Magos.

Moitísimas grazas Irene polo teu traballo!! Se queredes acceder ao álbum picade enriba da foto.

https://goo.gl/photos/hHcLCc9QYeXmXdXn7

APADRIÑAMENTOS LECTORES

E para despedir o trimestre,...
Que mellor que uns apadriñamentos lectores!!!

VÍDEO DE NADAL

Aquí vos deixamos un resumo das actividades levadas a cabo e aproveitamos para desexarvos a todos un bo nadal!!

sábado, 26 de noviembre de 2016

lunes, 21 de noviembre de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO







A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". 

Para todos aqueles que queirades ler o manifesto podedes facelo pulsando no seguinte enlace:

viernes, 28 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro festexamos o día das bibliotecas co noso alumnado.
Para celebrar un día tan especial comezamos repartindo as mochilas viaxeiras e as cartillas de lectura. Tamén aproveitamos para inaugurar o recuncho dos contos, un novo espazo co que contamos na nosa biblio grazas á colaboración do papá de Néstor.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Por último, queremos compartir con todos vós o fermosísimo texto elaborado por Ledicia Costas, con motivo desta data.
Adicádelle uns minutiños, asegúrovos que merece a pena.

Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca. Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos. 

Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:

—Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha taza de té?

Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!

Ledicia Costas 

IMOS AO FORGOSELO!!

Un ano máis continuamos aprendendo sobre cogomelos co profe Xoán.
Primeiro, sesión teórica na biblio e despois,... a aplicar coñecementos no monte do Forgoselo!!
O tempo acompañou e poidemos disfrutar dun marabilloso día en contacto coa natureza.
Se queredes ver as fotos desta xornada picade na seguite foto

 FORGOSELO 2016

jueves, 27 de octubre de 2016

O RECUNCHO DOS CONTOS

Estamos moi contentos!!
Este ano contamos cun novo recuncho na nosa biblio.
A árbore dos contos!!
Grazas ao papá de Néstor e á súa mamá, podemos ensinar fachendosos este novo espazo.
Cascabel, a nosa mascota, xa ten novos amiguiños!!
Moitas grazas polo voso traballo familia !!

viernes, 30 de septiembre de 2016

FESTA DA BENVIDA

Un ano máis para darlle a benvida este novo curso que comeza celebramos a festa da benvida.
Se queredes ver as fotos deste día facede clic sobre a foto

 festa benvida 2016


viernes, 17 de junio de 2016

APRENDEMOS SOBRE PESCA DEPORTIVA

O mércores pasado Guillermo, o conserxe do noso cole, deunos unha carla de pesca deportiva. En concreto sobre surfcasting.
Ensinounos como era a súa cana, o carrete, como se montan as liñas nai, e moitas cousas máis sobre a práctica deste deporte.
Grazas Guillermo!!




jueves, 2 de junio de 2016

ÚLTIMA SEMANA DE LECTURAS COMPARTIDAS!!

Esta semana rematan as lecturas compartidas.
Onte María e a súa nai Lucía, léronos o conto de "O pirata Metepata"


Hoxe cerran este mes de lecturas Noa e Brais, coa súa nai Rebeca. Aos máis peques léronlle "A vaca que puxo un ovo" e aos de 1º e 2º "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba".



martes, 31 de mayo de 2016

BAUTISMO DE MAR

De broche final para o noso proxecto sobre a costa, o xoves fomos facer un bautismo de mar pola ría de Ferrol. A pesares de que nos soubo a poco, gustounos moito a experiencia.

COMEZAMOS COS RETOS SOBRE O PROXECTO

Para comprobar todo o que aprendíchedes, este mes lanzaremos varios retos relacionados co proxecto.
Atrevédesvos a resolvelos?

Aquí vos vai o primeiro:

Como sabedes, estas semanas na fachada do cine Adriano había colgados cadros de artistas recoñecidos. Entre eles había un de Eduardo Hermida. Sabedes cal era?
En caso afirmativo, só tedes que entregar a vosa resposta na biblioteca e dicir cal foi o motivo polo que o descubríchedes. Se estivestes moi atentos á charla de Eduardo, poderedes identificalo moi facilmente.
Todos os que acerten entrarán no sorteo dun pequeno agasallo.
Ánimo!!

lunes, 30 de mayo de 2016

A NOSA ÁRBORE DE PRIMAVERA

Neste trimestre loce na entrada do colexio unha fermosa árbore decorada coa axuda de todo o alumnado do cole. Das súas pólas colgan poesías de Manuel María e outras de creación propia relacionados co mar e co tempo atmosférico.
O resultado foi espectacular!! Merece a pena adicarlle uns minutiños así que se aínda non o fixestes animámosvos a facelo.
Aquí vai unha pequena mostra do proceso de elaboración e do resultado.



viernes, 27 de mayo de 2016

APRENDEMOS O COIDAR OS NOSOS DENTES

O mércores, Cascabel convidou á nosa biblio a unhas amigas súas para que nos viñeran falar da importancia de coidar os nosos dentes.
Primeiro tivemos unha pequena charla da importancia que ten estudar para ser uns grandes profesionais o día de mañá.
Despois fixemos un taller de cepillado de dentes e por último sesión de títeres para os máis pequenos. Os maiores do cole fixeron un taller sobre a pirámide dos alimentos. Entre todos clasificámolos e falamos da importancia de cada grupo.

Moitas grazas Patricia, María, Marina e María pola voso traballo!

Pasámolo bomba!! E o máis importante, aprendimos unha morea de cousas que nos van axudar a coidar os nosos dentes.


Se queredes volver a ver a obra tan divertida que nos representaron aquí a tedes.

ÚLTIMA LECTURA DESTA SEMANA

Hoxe Brais Fernández e a súa nai, viñéronos falar sobre as estrelas e as constelacións.
Grazas a eles a nosa biblio converteuse un ratiño nun pequeno planetario.





Grazas por compartir con nós esta experiencia!!

APRENDEMOS SOBRE OS PEIXES

Esta semana visitounos Alberto, o pai de Noa e Brais.
Explicounos unha morea de cousas: aprendimos as diferenzas entre o peixe azul e o peixe blanco, vimos fotos moi curiosas e descubrimos detalles interesantes sobre algunhas especies mariñas.





Moitas grazas pola túa participación Alberto!!

jueves, 26 de mayo de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS

Esta semana viñeron a ler a mamá de Sara  e Alba e a mamá de Aixa.




A mamá de Sara leulles aos máis peques o conto de "Mickey y las habichuelas mágicas" e coa axuda de Alba leulles aos nenos de 1º e 2º o conto de Dani.



A mamá de Aixa leunos o conto "¿Que tal estás?"

Moitas grazas ás dúas!!

domingo, 22 de mayo de 2016

CANCIÓN DE PANADEIRAS

POEMAS DE 5º

POEMAS DE CUARTO

O CUCO CUQUEIRO

IMOS BAILAR

CARACOL CARACOLEIRO

BIOGRAFÍA MANUEL MARÍA

MAIO 2016

O xoves, entre todos, fixemos este fermoso maio.

ALFOMBRA 2016

Este ano a temática da alfombra floral é a mesma que a do noso proxecto: "A costa".
Coma sempre, temos que agradecer ao profe Xoán a súa colaboración. Sen él non poderiamos levar a cabo este magnífico traballo.
Grazas profe Xoán!!

jueves, 19 de mayo de 2016

OUTRA SEMANA DE LECTURAS COMPARTIDAS

Esta semana viñeron ler a nai de Fátima e a nai de Diego.
A nai de Fátima leunos o conto moi divertido sobre unha nena que quere ter un can e pídello ao seu pai. Titúlase "Amelia quere un can".
Despois rematamos bailando unha das cancións recollidas no libro "Canta o cuco".


A nai de Diego leunos "Nico es travieso"


Gustáronnos moito as súas lecturas!!
Grazas chicas!!

martes, 17 de mayo de 2016

AS LECTURAS DESTA SEMANA

Esta semana estivo con nós Elena, a mamá de Carlos. Xuntos contáronnos "Monstruo rosa".
Tamén estivo Carmen, a mamá de Uxía e Sabela. Uxía leu coa súa nai un dos contos recollidos no libro Historias de animais.
Grazas a Sabela, descubrimos un libro que nos gustou moito "Hércules pasea con Gloria Fuertes"
Moitísimas grazas a tod@s!!Foi un pracer escoitarvos!!

miércoles, 11 de mayo de 2016

O NOSO MURAL DA COSTA

Hoxe, Eduardo Hermida rematou o mural que comezara a semana pasada. O resultado foi espectacular!! Moitísimas grazas Eduardo!!


VISITA DE EDUARDO HERMIDA

A semana pasada tivemos a sorte de contar cun recoñecido artista, Eduardo Hermida, promotor do Proxecto das Meninas de Canido. Durante dous días explicou a todos os cursos como é o seu traballo, as técnicas que emprega nos seus cadros e como levou a cabo a transformación do barrio de Canido a través da arte.

 Agora tócanos traballar a nós empregando as distintas técnicas das que nos falou.

Para rematar esta actividade Eduardo está facendo un mural no patio cuberto que ten como referente o noso proxecto sobre a costa. Cando esté rematado ensinarémosvos o resultado.

SEGUIMOS COAS LECTURAS COMPARTIDAS

Hoxe Sara e a súa nai contáronnos un conto elaborado por elas a partires da saída á ribeira de Barallobre. Gustounos moito!!

FACEMOS SILUETAS

Aproveitando as cunhas que recollimos na ribeira, os peques de 4 anos estiveron facendo as súas siluetas.
O resultado foi moi chulo!


martes, 10 de mayo de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS

Neste mes de maio comezamos con esta actividade que tanto nos gusta. Estamos moi contentos coa resposta das familias. Xa temos case todo o mes de maio cuberto!!

O día 2 de maio, a clase de 4 anos escoitou á nai de Inés co conto de "Tartaruga".



Tamén a madriña de Natalia contou aos peques de infantil "Berenguela", unha peza teatral de Manuel María.


A nai de Mateo e Óscar agasallounos coa lectura dun fermoso conto dun dragón e os máis maiores aprenderon moitas cousas sobre un tema no que teñen moito interese; os dinosauros.




Grazas á nai de Gabriel descubrimos un libro que non coñeciamos e que nos encantou. Titúlase "O rabaño". 




Grazas a todas pola vosa colaboración!!