martes, 23 de febrero de 2016

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA



Mañá, 24 de febreiro, celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos algúns recursos elaborados por compañeiros doutros coles e outras organizacións que vos poden resultar de moito proveito.

Educa Barrié

Prezi Rosalía de Castro

Aula Tic Ferrolterra

Minilibro sobre Rosalía



martes, 16 de febrero de 2016

SEMANA DO AGARIMO



Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca imos festexar a “Semana do Agarimo”. 

Animámosvos a participar con nós depositando no buzón que atoparedes na entrada dende o día 17 ata o 26 de febreiro, unha carta destinada a alguén do cole.
Con esta actividade queremos potenciar a escritura en lingua galega, fomentar a boa convivencia entre o alumnado e ensinarlles a importancia de expresar os sentimentos.
O contido da carta pode ser unha poesía, un caligrama, un debuxo, unha canción ou calquera cousa que se vos ocorra. Iso si, deben estar en galego.
Lembrade poñer na parte de atrás da carta a quen vai dirixida para poder entregarlla ao seu destinatari@.

jueves, 11 de febrero de 2016

TESTAMENTO DO SEÑOR NICANOR

Hoxe, para dar por rematado o entroido, fixemos a lectura do testamento de Mr Nicanor e por último queimámolo.

RESUMO DE ENTROIDO

Aquí vos van as fotiños que sacamos neste entroido. Todos os nenos e nenas foron moi obedientes e fixeron caso aos mandatos do Señor Nicanor.


domingo, 7 de febrero de 2016

NOVAS FOTOS DO ENTROIDO!!

Grazas a Irene, a nai de Carlota, podemos contar con estas excepcionais fotografías.
Da gusto poder contar cunha fotografa profesional!!
Moitísimas grazas Irene!!

sábado, 6 de febrero de 2016

lunes, 1 de febrero de 2016

COMEZAN OS MANDATOS!!

Comezamos co 1º dos mandatos.

Tod@s atent@s!!!





Aproveitando a temática do noso proxecto sobre a costa, este ano teremos un entroido moooi marítimo.
Un ano máis, grazas a colaboración do profe Xoán, podemos contar cun entroido tan chulo.