jueves, 18 de diciembre de 2025

CONTO DE NADAL




Para rematar o trimestre, Valle, Keyla e Xoel agasállannos a lectura dun fermoso conto de Gabriela Rubio a través do cal poderemos reflexionar sobre o consumismo e o enorme poder da nosa imaxinación. 

Se queredes escoitalo picade no seguinte enlace: Algo máis

Esperamos que vos guste!

BOAS FESTAS!!

lunes, 15 de diciembre de 2025

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO RECOMENDAN

 






estes días o alumnado de 2º de primaria subiu á radio para facer un podcast de recomendacións lectoras. 

Queredes escoitalas? Pois facede clic no seguinte enlace Recomendacións lectoras

MANUELA FALA SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO


 


Hoxe Manuela, alumna de 6º de primaria, quixo explicarnos en que consiste o infarto de miocardio. Se queredes escoitala, clicade no seguinte enlace

O INFARTO DE MIOCARDIO

Grazas Manu por compartir con nós a túa investigación!

viernes, 5 de diciembre de 2025

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

 

Hoxe, 3 de decembro, é un día moi especial no noso calendario. Celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, un momento perfecto para lembrar que a diversidade é o que nos fai únicos e ricos.

Este ano a nosa proposta de actividades versa sobre a importancia dos sentidos. Seremos capaces de atopar obxectos empregando só o tacto? E de utilizar o olfacto para descubrir olores? Atrevédesvos a descubrir quen ten a campaíña agochada? Toda unha experiencia sensorial onde poñeremos a proba aos nosos sentidos.