miércoles, 20 de diciembre de 2023

RECOMENDADOS DE NADAL

Deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para este nadal e aproveitamos para desexarvos a todos unha moi felices festas.

BO NADAL!!

Recordade que se queredes ver ben as imaxes debedes de facer clic sobre elas.























lunes, 4 de diciembre de 2023

3 DE DECEMBRO, XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN COA DIVERSIDADE

O 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con discapacidade.

Un ano máis queremos darlle visibilidade a este tema a través dunha proposta de actividades para o noso alumnado que lles axuden a poñerse no lugar destas persoas.

Queredes saber o que fixemos?

- Xogo Distraction e Picto Rush para poñerse na pel da xente que mostra dificultade para reter información.

- Debuxamos sen empregar as mans. A través desta actividade experimentaron diferentes sensacións e a dificultade que entraña realizar un debuxo co pé ou coa boca.

- Trivial de lingua de signos. Por equipos, empregando o alfabeto dactilolóxico trataron de descubrir palabras de diferentes campos semánticos. Tamén aproveitamos para aprender novos signos.

- Escribimos o noso nome en Braille. Apoiándonos no alfabeto Braille e empregando pequenos puntiños en relieve.














sábado, 25 de noviembre de 2023

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano participamos nas V Xornadas Escolares de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero.

Unha das actividades foi decorar mans con lemas que mostren a nosa repulsa á violencia de xénero para posteriormente expoñelas pola entrada do cole.




Ademáis o alumnado de 6º de primaria participou no vídeo que a continuación poderedes visionar.


Por outra banda, o alumnado de 5º de primaria elaborou un podcast que poderedes escoitar no enlace que aparece a continuación:

Tamén o alumnado de 6º fixo unha dinámica moi interesante que lles serviu para reflexionar sobre este tema.











miércoles, 1 de noviembre de 2023

SAMAÍN

 Un ano máis decoramos a biblio acorde coas datas nas que nos atopamos. Queredes ver como quedou?











Durante a semana tivemos obradoiro de decoración de cabazas e contos de medo da man do alumnado de 6º de primaria e da profe Catu.






Tamén aproveitamos para elaborar un podcast sobre a orixe do Samaín y outro no que o alumnado debateu sobre o Samaín e o Halloween. 

Se queredes escoitar os podcast podedes facelo nos seguintes enlaces:

Orixe do Samaín

Debatimos sobe Samaín e Halloween

Ademáis, o equipo de dinamización da lingua galega propúxonos crear conxuros máxicos e quedaron moi chulos. 

Estamos feitos uns grandes feiticeiros!!

viernes, 27 de octubre de 2023

COMEZO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Estamos tremendamente orgullosos da nosa biblio e de Cascabel, a nosa mascota. 
Ademáis de por en marcha as mochilas viaxeiras, agasallamos ao noso alumnado cunha chapa da nosa mascota. 



Que ledicia ver as cariñas de ilusión coas que o alumnado  levou as mochilas!!



Para as familias que non a coñezades, presentámosvos a Cascabel, a nosa mascota.




 

martes, 24 de octubre de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA AS FAMILIAS


Aproveitando o día das bibliotecas escolares, decidimos por en marcha as mochilas viaxeiras para as familias. Comezamos polas que o curso pasado quedaron en lista de espera.
E xa estamos pensando en novos títulos para enriquecer a nosa colección!! 
Esperamos que o seu contido resulte do voso agrado!!





 

lunes, 16 de octubre de 2023

XA TEMOS EN MARCHA AOS AXUDANTES DE BIBLIO!!

Sabemos que a colaboración do noso alumnado é fundamental para poder atender a nosa biblioteca o mellor posible. Así que xa comezamos coa formación para que nos boten unha man nos recreos.

Moitas grazas rapaces e rapazas!!

sábado, 30 de septiembre de 2023

FESTA DA BENVIDA

Como ven sendo tradicional, a finais de setembro celebramos a Festa da Benvida. Trátase dunha xornada de convivencia entre todos os membros da comunidade educativa na que festexamos o comezo do novo curso.

Empregando como fío condutor o outono deseñamos unha serie de actividades relacionadas con esta temática. Grazas á colaboración das familias, aproveitamos para facer unha exposición con froitos desta época.

Ademáis, durante toda a semana na nosa biblio realizamos xogos a través dos cales tratamos de enriquecer o vocabulario, fomentar a creatividade, o pensamento computacional, a estimulación sensorial ou os procesos psicolóxicos básicos (memoria, atención, percepción).







Culminamos a semana cunha festa na que non faltaron os xogos tradicionais e a degustación de sobremesas típicas destas datas elaboradas polas familias.

É un pracer comezar o curso con ledicia!!


lunes, 19 de junio de 2023

RECOMENDADOS DE VERÁN

Antes de dar por finalizado o curso, deixámosvos os trípticos de recomendados de verán.

Temos que dar as grazas a Inés de 6º por deseñarnos esta fermosa portada. Es unha artista!!  

Recordade premer en cada imaxe para ver máis grande o seu contido.

Esperamos que vos resulten de utilidade!







    FELICES VACACIÓNS!!!