domingo, 27 de enero de 2013

ZAPATEIRO

Dentro das actividades relacionadas no noso PDI "Un, dous, tres... O zapato do revés" o próximo venres, día 1 de febreiro, visitaranos Manolo, un zapateiro da bisbarra que nos fará unha demostración do seu bo facer profesional.
GRAZAS, MANOLO, POLA TÚA VISITA!!!

A MÁIS LEONA

Aquí vos deixo as fotos da entrega de premios @s máis letor@s e, por suposto, a da MÁIS LEONA. NORABOA, SARA!!!
Bibliopuntos Xan bis

sábado, 26 de enero de 2013

SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

A nosa bolboreta Cascabel volveu a visitarnos e deixounos esta mensaxe para presentarnos o libro que fixemos entre todos coas adiviñas, ditos populares e debuxos sobre os zapatos.
Tamén se acordou dos bibliopuntos que ides xuntando polas vosas lecturas. E o máis león ou leona é...

Semana de tradición oral

TEATRO: A CASIÑA DE CHOCOLATE

Unha nova representación teatral dos alumnos de 6º: A casiña de chocolate.
Que artistas temos! Que voluntariosos!








viernes, 25 de enero de 2013

TAMÉN HOMENAXEAMOS

Desde a nosa humilde biblioteca queremos sumarnos ao recoñecemento de moitas bibliotecas escolares galegas á FINA CASALDERREY co motivo do seu ingreso na Real Academia Galega.

miércoles, 23 de enero de 2013

UN CHISCO ESPECIAIS

Aquí están, por fin, as fotos da exposición ZAPATOS UN CHISCO ESPECIAIS que, desde logo, é unha exposición viva porque cada día aparece un elemento novo. Pero dixemos BASTA. Xa non quitamos máis fotos porque sabemos que queredes ver os vosos zapatos.
E aquí están TODOS, TODIÑOS(cremos).
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN.
O equipo da biblio.
EXP ZAPATOS bis