Mostrando entradas con la etiqueta zapatos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta zapatos. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de junio de 2013

ZAPATOS ARTÍSTICOS

Xa están expostos á entrada do Colexio os zapatos "tuneados" polos alumnos do terceiro ciclo.
Animádevos a pasar a velos, son unhas verdadeiras obras de arte.
A exposición estará aberta para toda a comunidade educativa ata o próximo día 21.
Aquí vai unha mostra, pero hai que velos "en vivo e en directo".

domingo, 27 de enero de 2013

ZAPATEIRO

Dentro das actividades relacionadas no noso PDI "Un, dous, tres... O zapato do revés" o próximo venres, día 1 de febreiro, visitaranos Manolo, un zapateiro da bisbarra que nos fará unha demostración do seu bo facer profesional.
GRAZAS, MANOLO, POLA TÚA VISITA!!!

sábado, 26 de enero de 2013

SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

A nosa bolboreta Cascabel volveu a visitarnos e deixounos esta mensaxe para presentarnos o libro que fixemos entre todos coas adiviñas, ditos populares e debuxos sobre os zapatos.
Tamén se acordou dos bibliopuntos que ides xuntando polas vosas lecturas. E o máis león ou leona é...

Semana de tradición oral

miércoles, 23 de enero de 2013

UN CHISCO ESPECIAIS

Aquí están, por fin, as fotos da exposición ZAPATOS UN CHISCO ESPECIAIS que, desde logo, é unha exposición viva porque cada día aparece un elemento novo. Pero dixemos BASTA. Xa non quitamos máis fotos porque sabemos que queredes ver os vosos zapatos.
E aquí están TODOS, TODIÑOS(cremos).
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN.
O equipo da biblio.
EXP ZAPATOS bis

martes, 18 de diciembre de 2012

O NOSO BELÉN DESTE ANO...

... eche un tanto orixinal, non si? Acorde co noso proxecto do zapatiño.
A mula e o boi...
Despois das últimas novas, os pobres xa non saben que facer. Imos ou quedamos?

martes, 20 de noviembre de 2012

XA TEMOS LISTO O CADERNIÑO DOS NOSOS ZAPATOS!!! Agora só queda enchelo dos vosos traballos. Aquí vai, quentiño do forno. Unha aperta. Cascabel.

viernes, 5 de octubre de 2012

1, 2, 3...O ZAPATO DO REVÉS!

Conto: O GATO CON BOTAS (pdf)

Aquí andamos elexindo zapatos. Hoxe toucoulle ás botas do Gato. Podedes baixar o arquivo e gardalo para ler con calma.

jueves, 27 de septiembre de 2012

Son de conto!

Son de conto os nosos zapatos!


Xa temos os da Bela Durminte, os de Karen, as botas do Gato...


As botas de sete leguas, as babuchas de Aladino,os zapatos de Garavanciño, ...


E seguimos buscando máis!