domingo, 22 de diciembre de 2013

XINCANA NADAL

Para despedir o trimestre, igual que nos últimos anos, todo o colexio participou na XINCANA NAVIDEÑA.
Pasámolo en grande. Houbo dez actividades distintas: Master Chef, Elaboración de pompas, Desfile de modelos, Baile, Elaboración de maracas, Maquillaxe, Os Sentidos, Obradoiro de fotografía, Quebracabezas e Elaboración dunha árbore.
Logo chegou a entrega de notas e a despedida ata o próximo ano.
FELICES FESTAS A TODAS E A TODOS!!!

sábado, 21 de diciembre de 2013

SS.MM. OS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente pasaron o venres por O RAMO e agasallaron a tod@s @s nen@s cun pequeno regalo.
Tod@s tiveron a oportunidade de sentarse no colo de algún dos Reis e decirlles algunhas das cousas que piden nas súas cartas ( espero que houbera moitas peticións de libros).
Recordade que OS TRES recomendaron que, se queredes recibir regalos, tedes que portarvos MOI BEN.

jueves, 19 de diciembre de 2013

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL



Hoxe fíxose entrega no concello dos agasallos aos gañadores do I Concurso de Postais de Nadal no que participamos xunto co resto dos centros do concello.
Do noso cole houbo 3 gañadores/as:
Bruno, da clase de 3 anos, gañou o 5º premio da categoría de Educación Infantil
Lucas, de 2º de Primaria, gañou o 2º premio da categoría do 1º ciclo de Primaria
Sofía, de 6º de Primaria foi a gañadora do 3º premio da categoría do 3º ciclo de Primaria.
Neste Nadal estarán expostas no Salón de Plenos do concello todas as postais seleccionadas para este concurso, así que podedes animarvos a visitala.
Parabéns a todos!!



Aproveitamos para agradecer a Ramón, (o representante de Alfaguara da zona), á Librería Contos e ao Concello a súa colaboración, xa que sen ela este concurso non sería posible.

lunes, 16 de diciembre de 2013

O APALPADOR NA BIBLIO!!!

Pois si, este Nadal o pobre do Apalpador, canso de estar morto de frío nos últimos anos entre correntes de aire, decidiu buscar abrigo na biblioteca.
E aquí o temos, esperando, coma sempre, polas vosas cartas.



viernes, 13 de diciembre de 2013

O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA

Desde o pasado luns e ata o próximo venres, día 20, estará exposta ao público en xeral a exposición, cedida temporalmente polo Museo do Humor de Fene, "O Humor e os Dereitos da Infancia", ubicada na entrada do colexio.
Non perdades a oportunidade de visitala!!!


TVG

Aquí esta o enlace para ver a entrevista que a Televisión de Galicia, no programa A Revista, fíxolle a algúns dos gañadores do 1º Premio do concurso "A xestión forestal sostible na miña bisbarra".
Ata o próximo día 24 deste mes podedes pasar pola tenda de BRICO DEPÔT en Ferrol para ver todos os murais presentados ao concurso.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-709922

jueves, 12 de diciembre de 2013

A MÁIS LEONA E PROXECTO

Onte, día 11, organizamos un acto na biblio para facer a primeira proclamación no presente curso de A MÁIS LEONA e, de paso, presentar o proxecto que imos traballar no 2º trimestre do presente curso titulado. POR TERRA, MAR E AIRE.
 Había unha gran expectación.



Sara foi proclamada A MÁIS LEONA por goleada.



Pero tamén houbo agasallos para Brais.



Para Daniel Portomeñe.



Para Álex.



Para Iria Fernández.



Y para Iria Villar.



NORABOA A TOD@S POR SER TAN B@S LECTOR@S!!!
e
ÁNIMO AOS DEMAIS!!!

lunes, 9 de diciembre de 2013

RECOMENDADOS NADAL 2013

Xa temos listos os títulos que vos recomendamos para pedir de agasallo por estas datas. Están todos eles expostos na entrada do cole. Mirádeos todo o que queirades para saber cales os gustan máis e, cando esteades segur@s...A PEDIR!!!

domingo, 8 de diciembre de 2013

O MONTE SEIXO

O día 4, mércores, foi o día de disfrute do premio gañado pol@s alumn@s de 4º, que o compartiron c@s compañeir@s de 3º e de 5º.
Saímos cediño do colexio, acompañados por un grupo de empregados de Brico Depot.
Cando chegamos ao Monte Seixo, no Concello de As Pontes, estaban agardando por nós os Técnicos Forestais e unha dotación de Gardas Forestais, que nos acompañarían toda a xornada. Tamén estaba alí, para cubrir o evento, a Televisión de As Pontes.
Logo das presentacións, tocaba camiñata con diversas paradas para ampliar os nosos coñecemento sobre diversos aspectos do monte, a súa vexetación e a súa fauna.
Chegados ao lugar elexido para desenrolar a maioría das actividades, quedamos (ademais de conxelados) abraiados pola beleza do lugar, con fervenza incluída.
A media mañá, un descansiño para o bocata  e para quentar os pés ao caloriño da lareira.
Máis xogos e chegou a TVG. Entrevistaron a vari@s d@s gañador@s e saceron por alí algúns planos.
Cando remataron os xogos (todos relacionados coa conservación dos bosques), foto do grupo, reparto de agasallos e camiñata de volta ao autobús. Bicos e despedida.
GRAZAS, GEMA, POR SER UNHA ANIMADORA FORESTAL ENTREGADA E ENTUSIASTA!!!
PASÁMOLO FANTÁSTICO E APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS BOSQUES.
A continuación, unha reportaxe gráfica sobre a xornada.



martes, 3 de diciembre de 2013

SEMANA DA DISCAPACIDADE

Nesta semana traballamos o tema da discapacidade baixo o lema "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS".
Montamos unha exposición con libros, material diverso e traballos d@s alumnos sobre o tema, traballos cos que montaremos un libro que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.


O luns, día 2, recibimos a visita de dous membros da ONCE. Desde o primeiro momento engaiolaron ao seu público narrando como discurre o seu día a día.
Houbo moitísimas preguntas que eles contestaron con total naturalidade a de xeito sinxelo para que todos o entenderan.
Finalmente, houbo que poñerse na pel dun cego para comprender as súas dificultades.


E, ata houbo que dar uns pases de balón.


TODA UNHA EXPERIENCIA!!!

viernes, 29 de noviembre de 2013

MUSICREQUES

Hoxe recibimos a visita da Agrupación Musical "Musicreques" que nos ofreció o concerto didáctico "Aventuras do Quebranoces".
 
Foi moito más que un concerto didáctico. Tivemos monicreques, xeografía, clase de baile de salón e música en directo.
Pódese pedir máis nunha sesión?
 
 


jueves, 28 de noviembre de 2013

AFORRANDO AUGA EN GALICIA

Hoxe nos visitaron dous "doutores científicos" que desenrolaron, para toda Primaria, a actividade "AFORRANDO AUGA EN GALICIA".
Foi moi interesante. Tod@s aprendimos, xogamos e disfrutamos e, por suposto, a partires de agora seremos uns grandes aforradores de auga.

domingo, 24 de noviembre de 2013

SOMOS GAÑADORES!!!

Pois sí, GAÑADORES DO PRIMEIRO PREMIO do concurso de murais "A xestión forestal sostible na miña bisbarra" convocado pola cadea Brico Depot.
Os merecedores do premio foron @s alumn@s de 4º curso dirixidos maxistralmente por EVA, a súa profe de Artística ,que contou co asesoramento de MÓNICA, a nai da súa alumna Sara, como experta que é en Xestión de Montes.
O premio consiste nunha saída, que farán o próximo día 4 de decembro, a un monte de As Pontes onde realizarán actividades dirixidas por personal especializado para comprender o moito que necesitamos aos bosques e o moito que nos necesitan eles a nós.
Noraboa @s nen@s de 4º curso!!!
Aquí está o mural gañador. Chulo, eh!!??

jueves, 21 de noviembre de 2013

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

Despois duns días de relativo descanso(renovamos a Mesa de Novidades, os de Infantil e 3º ciclo foron ao teatro e montamos a exposición cos últimos debuxos das lecturas) imos entrar nus días de moita actividade. Cóntovos:
O próximo martes, día 26, irá ao teatro o 3º ciclo.
O día 28, xoves, teremos unha actividade para toda primaria: Aforramos auga en Galicia.
O día seguinte, 29, haberá unha actividade para todo o colexio: Musicreques.
Xa metidos en Decembro, e dentro da Semana da Discapacidade, entre outras actividades que estamos a preparar, xa temos confirmada para todo o colexio, en dúas sesións, unha charla dun membro da ONCE para o día 2.
Do día 2 ao 20 de decembro o Museo do Humor préstanos a exposición "O humor e os dereitos da infancia". Estará ubicada na entrada do cole para disfrute de tod@s.
Aínda que non temos fixada a data, tamén en decembro faremos a primeira proclamación, neste curso, do MÁIS LEÓN ou da MÁIS LEONA. Quen será?
IDE REMATANDO DE COMPLETAR AS VOSAS CARTILLAS.
dibujos LEONES

martes, 12 de noviembre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

O luns, día 11, repartimos as MOCHILAS ás distintas aulas con contidos renovados.
Esperamos que as disfrutedes tanto grandes como pequen@s.
O equipo de biblioteca.

viernes, 8 de noviembre de 2013

TREMENDO CO MEDO

Hoxe, venres, día 8 de novembro, apareceu pola biblioteca unha meiga de aspecto terrorífico que nos contou unha historia que nos fixo tremer de medo.

Ao rematar a historia, Diaou, que a coñecía (OH, SORPRESA, ERA A SÚA NAI!!!) entregoulle o diploma que a acredita como unha narradora experta en contos de moitísimo medo.

jueves, 31 de octubre de 2013

MAGOSTO - SAMAÍN 2013

Neste curso seguimos sendo moi afortunados co tempo.

O mércores, día 30, celebramos coas familias, como facemos sempre, o MAGOSTO.

Tod@s poideron visitar a exposición de cabazas, elaboradas o luns nas aulas, que estaban moi ben ambientadas con música e iluminación.

Mentres se asaban as castañas tivemos unha sesión de XOGOS POPULARES. Houbo de todo: corda, pasemisí-pasemisá, zancos, brilé, chapas, aros, pano e ata un recuncho de maquillaxe.

Logo chegou o momento de papar as castañas, que estaban boísimas.

Para rematar a sesión, @s nen@s de Infantil cantaron na biblioteca para as familias "Corre, corre, cabaciña".

Foi unha xornada completiña que aí vai en fotos.

martes, 29 de octubre de 2013

CONTO NO KAMISHIBAI

Hoxe, día 29, @s de cuarto curso leron e representaron, mediante o kamishibai, o conto baseado nunha lenda africana "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?", grazas a unha cesión temporal de material que nos fixo a biblioteca do Colexio de Andrade.
Os espectadores foron @s nen@s de Infantil e @s de 1º, 2º e 3º de Primaria.
Había moita espectación por ser o primeiro conto deste curso.
Ao final houbo aplausos a rebear e ata oíronse voces de "Outra, outra, outra,.."

lunes, 28 de octubre de 2013

CABAZAS

Estos días estamos que non paramos. Acumúlansenos as actividades e, ás veces, non damos feito. É por iso que tivemos que modificar sobre a marcha o programa de actos.
Hoxe, luns, elaboramos as caveiras de cabazas. Tod@s, desde @s anan@s de 3 anos ata @s veteran@s de 6º( máis abaixo, as fotos).
A obra de 6º "Indo para o Samaín" foi imposible representala hoxe, será outro día.
Mañá, martes, día 29, @s de 4º contarán, no kamishibai, o conto "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".
O mércores, día 30, celebraremos o Magosto(parece que o tempo o vai permitir). Todas as familias estades invitadas. Podedes aproveitar para ver a exposición das caveiras de cabazas. Tamén estará exposto o LIBRO DOS MEDOS que están elaborando entre todos.
Ah! e, por último, confirmar que o próximo venres, día 8 de novembro, a nai de Diaou vai vir contarnos un conto arrepiante.
Brrrr, ATA PRONTO!

COGOMELOS

Outra vez tivemos un tempo estupendo. O venres, día 25, subimos ao Forgoselo na procura de cogomelos e atopámolos  de moitas clases: boletus, lactarius, amanitas, coprinus, cantarelus, lepiotas e un montón máis.
Como chegamos ao cole un pouco tarde non deu tempo a montar a exposición e o fixemos hoxe.
Esperamos a visita de tod@s os que poidades pasarvos a vela.
Aquí queda unha selección das fotos sacadas no monte e as da exposición.

jueves, 24 de octubre de 2013

AMADRIÑAMENTOS/APADRIÑAMENTOS

QUE SORTE TIVEMOS ONTE!!!
Unha mañá espléndida para ler case en calquera recuncho do cole.
Así celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS(xa que tivemos que adelantalo por mor da folga).

martes, 22 de octubre de 2013

PRÓXIMAS CELEBRACIÓNS

Xa temos o motor posto a toda marcha e vos conto:
Mañá, día 23, faremos os amadriñamentos/apadriñamentos.
O venres, día 25, (se o tempo dá permiso) iremos a Goente a recoller cogomelos.Se non podemos ir, os de 4º, no kamishibai, contaranos "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".
O día 28, luns, faremos as caveiras de cabazas e os de 6º representarán a obra "Indo para o Samaín".
O día 30, mércores, (tamén co permiso do tempo) celebraremos o Magosto.
Sin día fixado aínda, a nai de Diaou virá contarnos un conto que nos poñerá os pelos de punta.
De todo sacaremos fotos e as colgaremos aquí para que todos as poidades ver.
De momento, hoxe empezamos colocando na entrada unha selección dos contos de medo que temos na biblio.
MEDO - LIBROS

viernes, 27 de septiembre de 2013

FESTA DE BENVIDA

Como xa é tradicional, hoxe celebramos a FESTA DA BENVIDA.
Como ameazaba chuvia, comezamos polas carreiras de carrilanas. Miguel, o de 6º, foi o gañador. Xa o estamos vendo na Fórmula 1.
Continuamos cos xogos de outono (mazás penduradas, mazás afogadas, mazás bailonas,..)
Todo o mundo participou neles.
E como tanto xogo abriunos o apetito, pasamos a degustar os fantásticos postres traídos polas familias.Exquisitos!!!
Ao final houbo que votar polo postre preferido e o que máis votos levou foi o que trouxeron Pablo e Alex. Felicidades!!! Agasallo merecido.
Agora, unha selección de fotos da mañá.

jueves, 26 de septiembre de 2013

PREPARANDO...

Como todos os anos por estas datas celebramos a FESTA DE BENVIDA, precisamente para darlle a benvida aos novos membros da nosa comunidade educativa. Hoxe tocou preparación e mañá é a festa.
Teremos un montón de actividades: exposición de froitos de outono, xogos, degustación de postres feitos polas familias, ...
CONTAMOS COA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

lunes, 9 de septiembre de 2013

BENVIDAS E BENVIDOS

Ola, de novo, a tod@s - nenas, nenos, pais, nais, avoas, avós, etc - a este novo curso e a esta nova andaina da vosa biblio.
Ante todo, darvos as grazas pola vosa participación e colaboración no pasado curso, que espero que se repita no presente.
Teremos, coma sempre, un montón de actividades: contos, teatro, exposicións, ...
Para empezar, xa temos montada a MESA DE NOVIDADES, que está esperando por vós.
UN SAÚDO E ÁNIMO A TOD@S.
Cascabel.
NOVIDADES

martes, 18 de junio de 2013

AS NOSAS PERSOAS LIBRO

Grazas á colaboración destas nais e pais, poidémonos sumar á proposta de persoas libro. Aquí vos vai o vídeo.

domingo, 16 de junio de 2013

BIBLIOPUNTOS

O venres, día 14, entregamos os premios @s máis leóns/as da nosa selva de libros.
A gañadora indiscutible foi, outra vez, SARA, pero houbo tamén premios pera outros bos lectores: ANDREA, LAURA, LIDIA, DANIEL PORTOMEÑE, BRAIS, NEREA E IRIA.
Noraboa a tod@s @s premiad@s e ánimo @s demais. O próximo curso seguiremos premiando @s máis lectores.
Aquí déixovos as fotos do acto.
CASCABEL.


RECORDADE QUE NA SEMANA DO 17 AO 21 DESTE MES PODEDES LEVAR LOTES DE LIBROS PARA LER NO VERÁN.(Condición necesaria: non deberlle ningún libro á biblioteca)

sábado, 15 de junio de 2013

MAMASIÑA, QUE MEDO!

O pasado xoves, día 13, @s nen@s de 4º do Colexio Santiago Apóstolo de Franza (Mugardos) viñeron ao noso cole para representarnos, de xeito maxistral, a obra de teatro " MAMASIÑA, QUE MEDO!.
Estiveron fantásticos.Que maestría!, que dominio do escenario!
O público aplaudiu a rabear e berrou OUTRA, OUTRA, OUTRA!!!
Queremos, desde aquí, agradecerlles a súa visita a tod@s, tanto mestres coma alumn@s.
Ao final,e ben merecido, entrega duns pequenos agasallos.
Agora, un pequeno resumo fotográfico da actuación.

jueves, 6 de junio de 2013

RECOMENDADOS VERÁN

Aquí déixovos as lecturas que vos recomendo para o verán.
Espero que leades algún destes libros, xa que os escollín pensando en vós con todo o meu agarimo.
FELICES VACACIÓNS!!!!
CASCABEL.

martes, 4 de junio de 2013

ZAPATOS ARTÍSTICOS

Xa están expostos á entrada do Colexio os zapatos "tuneados" polos alumnos do terceiro ciclo.
Animádevos a pasar a velos, son unhas verdadeiras obras de arte.
A exposición estará aberta para toda a comunidade educativa ata o próximo día 21.
Aquí vai unha mostra, pero hai que velos "en vivo e en directo".

jueves, 30 de mayo de 2013

BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS

Outra vez visitounos o grupo LA GUAGUA, dentro da campaña do Concello "Contos para a igualdade".
Esta vez o conto foi "Brancaneves e os sete ananiños". Despois do conto, actividades para mellorar a igualdade entre os xéneros.
Como se ve nas fotos, pasaron o ferro, tenderon a roupa, puxeron a mesa, cantaron, ...
En fin, o pasaron de medo.

sábado, 18 de mayo de 2013

CRÓNICA DO DÍA DAS LETRAS

Comezamos a mañá coa visita do grupo "La Guagua" que, dentro da campaña do Concello "Contos para a Igualdade" puxo en escena para @s peques de Infantil o conto "O meniño Nito".
Despois do conto, actividades para promover a igualdade de xénero.

Os de 1º ían representar Dona Carme e necesitaban maquillarse. Pois alí foron @s de 3º, que son expert@s. Mirade que profesionais!

As/os do 3º ciclo montaron un mercadillo co fin de recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
Que exitazo!
 
 


Pasamos logo tod@s ao salón de actos onde homenaxeamos, cada curso coa súa aportación, ás Letras, en xeral, e a Vidal Bolaño, en particular.
 
 

E, para rematar a xornada, xuntámonos tod@s no patio cuberto e alí representouse, coma todos os anos,
a canción do Maio.
Uxía interpretou moi ben o seu papel de Maio.
Mágoa de tempo! Menos mal que temos un patio cuberto moi espacioso.

ATA O PRÓXIMO MAIO!!!

miércoles, 15 de mayo de 2013

MAIO 2013

Hoxe, entre todas e todos, fixemos O MAIO.
Quedounos xenial!!!
Aquí vos deixo as fotos da súa elaboración, paso a paso e, por suposto, o resultado final.

E mañá, O DÍA GRANDE.

martes, 14 de mayo de 2013

ALFOMBRA 2013

Aquí están as fotos da elaboración da alfombra deste ano e o resultado final.
Para non desentonar, tamén cambiamos a decoración da nosa mesa de NOVIDADES.
E mañá faremos O MAIO.

martes, 30 de abril de 2013

CONTO DO MARTES

Hoxe veu ler Maite, a mamá de Nuria, para os peques. Apuntouse tamén, para axudar, a outra filla, Maite e así tivemos un trío.
Leron o conto "LOS TRES CERDITOS".



E con este conto rematamos a rolda de abril de ler e contar.
Seguimos gravando ás persoas-libro. Cando acabemos, mostrarémolo neste blog.
GRAZAS DE NOVO A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

lunes, 29 de abril de 2013

CONTO DO LUNS

Hoxe volveu Silvia, esta vez para ler co seu fillo Xabi.
O conto elexido foi A QUE SABE A LÚA?
Un conto riquísimo, por certo.

jueves, 25 de abril de 2013

CONTO DO XOVES...E ALGO MÁIS

Hoxe houbo conto. César, pai de Daniel Castro, leunos o conto do que é autor "XIM AXUDA AO MUIÑEIRO" axudado polo seu fillo.
Logo agasallounos cunha historia que sucedeu de verdade e titulou "O raposo de Fene" .
Polo tanto, sesión dobre. Conto e historia.
Que sorte tivemos!!!

martes, 23 de abril de 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Para festexar o DÍA DO LIBRO celebramos os segundos amadriñamentos/apadriñamentos deste curso.
Os primeiros tivemos que facelos no interior do colexio porque facía moi mal tempo, pero para estos tivemos moitísima sorte e os rapaces e as rapazas ceibáronse por todo o recinto que, como sabedes, é extenso e precioso. Calquera lugar foi idóneo para a actividade: as escaleiras, o patio traseiro, baixo as árbores, ...
Foi unha xornada única.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

lunes, 22 de abril de 2013

O CONTO DO LUNS

Hoxe as dúas Maites, nai e filla, léronlle ao Terceiro Ciclo "Caperucita Roja".
E seguimos lendo...

martes, 16 de abril de 2013

O CONTO DO MARTES

Hoxe, martes, Silvia, a nai de Mariña e Xabi, coa axuda de Mariña leu "CHIBOS CHIBÓNS".
Aos alumnos/as do Primeiro Ciclo, que eran @s oíntes, pareceulles moi, moi divertido.
Ao final, coma sempre, entrega de diploma de NAI-LECTORA.

lunes, 15 de abril de 2013

CONTO DO LUNS

Hoxe.luns, a nai invitada foi Enma, nai de Daniel Portomeñe.
Entre nai e fillo leron "Viaje a la Atlántida".
Unha estupenda lectura!!! E mañá, máis!!!

domingo, 14 de abril de 2013

CONTO DO VENRES

O venres, día 12, Celeste e Jesús, de 6º curso, leron para Infantil "A casa da mosca chosca".
A lectura foi seguida por un exhaustivo interrogatorio de comprensión do escoitado, superado con maior ou menor éxito.
O acto finalizou cun reparto de caramelos.
Que ricos estaban!!!

viernes, 12 de abril de 2013

CONTO DO XOVES

Esta vez foron Antía e a súa nai, Elsa, as que nos leron o conto "Una bici para Orejotas". Brais, ao ver á súa nai e á súa irmá de lectoras, tamén quixo participar na lectura.


martes, 9 de abril de 2013

CONTO DO MARTES

Hoxe leron o conto OS TRES OSOS Andrea e a súa nai, Marta, man a man. Ao final, como xa é habitual, entrega de diploma de NAI LECTORA.
As fotos da sesión, a continuación.

COMO BUSCAR NA REDE CON EFICACIA

Aquí vos vai un slide que pode ser de utilidade para aprender a buscar na rede con eficacia. Aproveitamos para agradecer ás súas autoras que o compartan con todos nós e o poder beneficiarnos dun recurso tan interesante.

lunes, 8 de abril de 2013

CONTO DO LUNS

Hoxe veu Carmen outra vez, nesta ocasión para ler á sua filla Uxía e aos seus compañeiros de Infantil o conto "El ratoncito Pérez".
A continuación, a lectura do conto en imaxes.

viernes, 5 de abril de 2013

CONTO DO VENRES

O venres,día 5, Carmen, axudada pola súa filla Sabela, leu para @s nen@s do Primeiro Ciclo "HISTORIA DEL EMBARAZO".
O tema espertou gran interés entre o público.
Ao rematar a lectura,Sabela fixo entrega á súa nai do diploma de NAI LECTORA.
Aquí queda a lectura en imaxes.

CONTO DO DÍA

Onte, xoves, a nai de Sara,Mónica, veu contarnos un conto.
Usando a pizarra dixital leu, para tod@s @s nen@s "O pastor das landras".
Foi a primeira d@s pais/nais que pasarán ao longo do mes pola biblioteca para ler a distintos grupos un conto.
Ás veces o farán el@s individualmente e outras veces coa axuda da súa/seu fill@.
Aquí quedan as fotos dalgúns momentos da lectura de "O pastor das landras".

martes, 2 de abril de 2013

A CENORIA XIGANTE

Hoxe empezamos a celebrar o MES DO LIBRO E A LECTURA co conto A CENORIA XIGANTE contado polas rapazas e os rapaces de Terceiro no kamishibai.
Aquí vos deixo a reportaxe gráfica.

martes, 26 de marzo de 2013

ABRIL

Aquí está o programa de actividades para o Mes do Libro e a Lectura. Como vedes, está completiño. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!
O equipo da biblioteca.

domingo, 10 de marzo de 2013

FENE LENDO A MULLERES

O pasado venres 8 de marzo, co motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, os nenos e nenas de 2º,3º,4º,5º e 6º de primaria asistimos á biblioteca do concello para dar lectura a textos creados por mulleres. Este ano eliximos textos do libro de Cantares Galegos de Rosalía de Castro. A pesares de que ao principio nos dixeron que non se ía retransmitir pola radio, logo nos comentaron que sairá o vindeiro venres ás 14:00.


Se queredes escoitar a gravación  picade no seguinte enlace: http://173.255.131.23/audio/130313ORAMO.mp3

miércoles, 27 de febrero de 2013



Estes días tivemos novas sobre unha das pombas que soltamos o Día da Paz. Queredes saber a onde chegou? Pois á parroquia de Lamas, situada no concello de San Sadurniño. Atopouna unha señora no medio do camiño e coma poñía que quen a atopara que chamara ao cole para saber por onde andaba así o fixo. Aproveitamos para darlle as grazas pola súa colaboración.

lunes, 25 de febrero de 2013

EXPOSICIÓN - HOMENAXE

Dezaoito ilustradores/as de primeiro nivel (Almudena Aparicio, Calros Silvar, Xosé Cobas, Xosé Lois, Santi Gutiérrez, ...) participan nesta colección de debuxos sobre a figura e/ou a obra de EDUARDO BLANCO AMOR.
Esta exposición está cedida temporalmente polo Museo do Humor do Concello de Fene e comisariada polo debuxante Siro López, que tamén colabora nela.
Aínda estará con nós dúas semanas máis.
Animádevos a visitala!!!
Cascabel

lunes, 18 de febrero de 2013

ROSALÍA

Como o próximo día 24 cúmprense 150 anos da publicación de CANTARES GALLEGOS traballaremos toda esta semana a obra e a vida de Rosalía.
Tamén participaremos nunha iniciativa da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) que consiste en que moitos colexios de Galicia gravaremos a lectura dun poema de Cantares Gallegos e, todos xuntos, estarán na web www.aelg.org
No noso cole @s nen@s de 1º encargaranse de ler "Miña Santa Margarida".
Esperamos que o fagan moi, pero que moi ben!!!
CASCABEL

ROSALÍA

jueves, 14 de febrero de 2013

A QUEIMA DO BANKPIRIÑO

Hoxe para rematar este tempo de entroido queimamos ao noso Bankpiriño, pero antes limos o testamento que o noso amigo nos deixou.

domingo, 10 de febrero de 2013

ANTROIDO 2013

Despois de moito traballo e ensaios, o venres, día 8, celebramos o ANTROIDO.
Preparámonos nas aulas e logo, no Salón de Actos, coa presencia das familias, fixemos unha pequena representación. Todo relacionado, dun xeito ou outro, co mundo dos zapatos.
Houbo unha gran zapatería, zapatos a esgallo e tres contos: A ratiña presumida, O Gato con Botas, e Polgariño.
Ao remate das actuacións saímos do Colexio e todos dimos unha volta polo arredor. Logo dun pequeno descanso era obrigado, como todos os anos, o paso polo "Túnel do Terror".
Como xa estabamos sen folgos de tantas emocións reparamos forzas arredor dunhas mesas cheas de lambetadas propias destas datas que estaban alí grazas á xenerosidade e traballo das familias.
FELIZ ANTROIDO A TOD@S!!!
A continuación vai un pequeno resumo da xornada en fotos.

jueves, 7 de febrero de 2013

Queredes ver cal foi o resultado dos mandatos de Bankpiriño? Aquí vos van algunhas fotos.

miércoles, 6 de febrero de 2013

3º MANDATO

Para rematar os mandatos deste entroido, aquí tedes o último:

 
O noso querido Bankpiriño
deséxavos cambiar completamente
e quere que sexa de repente.
Como sabe que a Martín gústalle durmir
ti e todos, ademais dos compañeiros de infantil
a escola en pixama ou camisón teredes que vir.

martes, 5 de febrero de 2013

2º MANDATO DE BANKPIRIÑO



Que ocorrencias ten este Bankpiriño!!
Queredes saber cal é o seu segundo mandato? Aquí vos vai.
Onte xa limos o primeiro,
hoxe aínda non será o derradeiro.
Como o voso nome quere verificar
todos vos teredes que identificar
e o voso nome na fronte debedes levar.

Chega o Entroido ao Ramo!!




Este ano, cos tempos que corren, ao noso cole chegou o señor Bankpiriño, en clase "preferente"!!
Queredes saber cal é o seu 1º Mandato? Atendede que aquí vos vai.
O primeiro día, por ser martes
e como temos que ir por partes
os zapatos na casa esqueceredes
e en zapatillas ao colexio viredes.
Ah! Como teredes que ir a xogo cos meus dentes
levaredes tamén uns grandes pendentes.

lunes, 4 de febrero de 2013

XA POÑEMOS TAPAS!!!

O venres, día 1, como nos prometera, estivo na biblio Manolo,o zapateiro. Daba xenio velo traballar!!! Ao final, algúns xa case sabían poñer tapas. Andamos dando voltas á idea de poñer un currunchiño de amaño de zapatos.( Non estaría mal uns ingresos extra nestes tempos) MIRADE QUE EXPERTOS TEMOS.

domingo, 3 de febrero de 2013

PAZ 2013

Dado que non puidemos celebrar o Día da Paz o día 30 por problemas organizativos, o fixemos o xoves, 31.
Despois de traballar o tema ao longo da semana( selección e elaboración de textos, lecturas, ensaios, elaboración de slogans, pegatinas, murais,...) chegamos ao xoves.
En presencia dos pais/nais, avós/avoas, ... empezamos escenificando os textos traballados. Logo, no patio cuberto, cantamos todos xuntos a canción A MURALLA e, finalmende, fixemos a nosa particular "SOLTA DE POMBAS"
FELIZ DÍA DA PAZ!!!
Aquí vos queda un resumo en imaxes.

domingo, 27 de enero de 2013

ZAPATEIRO

Dentro das actividades relacionadas no noso PDI "Un, dous, tres... O zapato do revés" o próximo venres, día 1 de febreiro, visitaranos Manolo, un zapateiro da bisbarra que nos fará unha demostración do seu bo facer profesional.
GRAZAS, MANOLO, POLA TÚA VISITA!!!

A MÁIS LEONA

Aquí vos deixo as fotos da entrega de premios @s máis letor@s e, por suposto, a da MÁIS LEONA. NORABOA, SARA!!!
Bibliopuntos Xan bis

sábado, 26 de enero de 2013

SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

A nosa bolboreta Cascabel volveu a visitarnos e deixounos esta mensaxe para presentarnos o libro que fixemos entre todos coas adiviñas, ditos populares e debuxos sobre os zapatos.
Tamén se acordou dos bibliopuntos que ides xuntando polas vosas lecturas. E o máis león ou leona é...

Semana de tradición oral