martes, 31 de marzo de 2015

OS MÁIS LEÓNS DO TRIMESTRE

Antes de marchar de vacacións fixemos entrega de agasallos a todos os nenos e nenas que tiñan cubertas as cartillas de bibliopuntos.
Queredes saber quen son os máis leóns do cole? Pois aquí os tedes.









Tamén aproveitamos para recordar as normas da nosa biblio e os proxectos que temos pensado levar a cabo no 3º trimestre.

jueves, 26 de marzo de 2015

APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES

O martes pasado celebramos os apadriñamentos lectores deste segundo trimestre. Como de costume, a experiencia estivo xenial.


SABEDES QUEN É?

 

É Antón Cortizas e á volta de vacacións vai vir ao cole a facernos unha visita.
Imos descubrir algo máis sobre el! Xuntos aprenderemos de onde é,  a que se adica, cales son as súas afeccións, se gañou algún premio,...
Para iso, debedes picar nos seguintes enlaces que aparecen a continuación.

viernes, 13 de marzo de 2015

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celébranse en Santiago os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e,coma sempre, non quixemos faltar a esta cita que tanto nos enriquece.

jueves, 12 de marzo de 2015

NOVIDADES!!

Moi atentos rapaces e rapazas!!
Ademáis dos libros que podedes ver na mesa de novidades, proximamente teredes á vosa disposición novas películas, música e libro-CDs.
Botade una ollada ...

ENTREGA DE CARTAS

Onte por fin chegaron as desexadas cartas que o  buzón do agarimo tiña agochadas para nós. A experiencia foi un éxito.
Moitas grazas Catu por organizar esta actividade e por encargarte de que a ninguén lle faltase a súa carta.


domingo, 8 de marzo de 2015

FENE LENDO A MULLERES

O venres pasado o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participou na maratón de lectura Fene lendo a mulleres. Esta actividade que organiza o concello e na que vimos participando dende hai anos, ten como obxectivo festexar o día da muller traballadora.