domingo, 22 de diciembre de 2019

O RAMO CÓNTACHE, 1º EDICIÓN

Este ano, iniciámonos na andaina dun noticiario na nosa televisión educativa "O Ramo producións"📺📹

Este primeiro noticiario é un resumo das actividades levadas a cabo ao longo do trimestre. como a inauguración da milla, o magosto e o samaín, o ramoclube da comedia, a felicitación de Nadal...

Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Os rapaces, fixéronno con moita ilusión e entrega.

Presentámosvos... O RAMO CÓNTACHE, 1ª EDICIÓN!!



martes, 17 de diciembre de 2019

VISITA GALIÑA AZUL DE BARALLOBRE

Como ven sendo tradicional por estas datas, dous nenos de 6º, Uxía e Iago, foron á galiña azul de Barallobre a levarlles unha mochila viaxeira con contiños e xa que estaban, aproveitaron para meterse no papel de "Contacontos" e contarlles un par deles... 

Os pequerrechos portáronse fenomenal, escoitaron ben atentos os contiños que lles estaban a contar os rapaces. 
Ao rematar, agasalláronnos con figuriñas preciosas de pasta de sal feitas por eles mesmos/as.
Cando chegamos ao cole, puxémolas na árbore de Nadal da entrada.

Moitas grazas á galiña azul de Barallobre, que sempre nos reciben con tanta ilusión.

Aquí tedes algunahs imaxes deste fantástico día:
























lunes, 16 de diciembre de 2019

Contos pola Igualdade

Hoxe recibimos a visita de Lidia Pena co seu obradoiro contacontos 'As cores',dirixido aos nenos/as de educación infantil e primeiro de primaria.
"As cores" é unha iniciativa encamiñada ao fomento da igualdade entre nenos e nenas.

Aprendemos moitas cousas, xiramos como a terra, vimos cores máxicas e finalmente puxemos a nosa pegada para contribuír na igualdade entre todos/as.

Así de ben o pasaron...
































 

lunes, 9 de diciembre de 2019

RECOLLIDA SOLIDARIA

Como sempre, aproximándonos xa ao Nadal, dende o centro facemos unha recollida solidaria de alimentos e outros produtos para a asociación arraigo de Ferrol.💚👐

A idea é que, cada neno ou familia que aporte algo, podera escoller un marcapáxinas dos elaborados polos nenos/as de 5º e un libro do expurgo da nosa biblioteca.

Aquí tedes a cestiña de lbros que preparamos para esta actividade. Máis non teñades medo, que se se acaban (e oxalá se acaben) temos moitos máis!!!

 



Como podedes ver tamén no facebook do cole, cóntannos que cada ano na nosa tele educativa presentámosvos un anuncio sobre esta actividade, pero este ano preferimos mostrarvos de primeira man que é Arraigo e cal é a súa labor. 
A pasada semana un dos seus membros e parte da Xunta Directiva, visitou o noso cole para dar unha pequena charla ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria e isto foi o que nos contou....








Graciñas pola vosa atención e grazas aos membros desta marabillosa asociación que fan do mundo un lugar mellor..

domingo, 8 de diciembre de 2019

NADAL NA BIBLIO


O Nadal está ás portas e dende a biblio queremos facer a nosa aportación con varias actividades:🎄🎅📖

Comezamos elaborando unha caixa de correo para Santa, colocada na biblioteca, para que os nenos/as que quixera puideran pedirlle a Santa os libros que lles gustaría ter na biblio.
Os axudantes fixeron carteis que repartiron polo cole que dicía:
 "Se queres que Santa traia libros, deixa a túa carta no buzón da biblio"
Recibimos moitas cartas. Seguro que Santa fará todo o que poida para cumplir o maior dos desexos... Boas lecturas para compartir todos xuntos este novo ano que chega...









Tamén decoramos a porta da biblio con pingüíns, non só para o nadal senón tamén para o inverno. Durante toda a semana, moitos nenos/as quixeron pintar o seu pingüín con moita ilusión.

Graciñas a todos por colaborar para facer que a biblio estea tan viva!!
Así traballaron e de bonitiña quedou a nosa porta.

















Por outra banda, a mesa temática deste mes, ía versar sobre os recomendados para ler durante estas vacacións...




Aínda que despois, coa clase de terceiro fixeron un traballo estupendo de investigación sobre os premios Nobel, que se outorgan por estas datas, e decidimos que sería un lugar estupendo para que os nenos/as expuxeran alí os seus traballos.

Así de bonitos quedaron