lunes, 28 de febrero de 2011

CHEGAN OS AXUDANTES Á BIBLIOTECA



Hoxe comezaron o seu traballo os axudantes de biblioteca. Mirade como traballan. Parecen auténticos profesionais!!

Os luns e os venres, na hora do recreo, os alumnos/as do terceiro ciclo axudarannos na biblioteca. Como temos tantos interesados en participar, irán rotando cada 15 días. Así todos poderán probar a experiencia.

jueves, 24 de febrero de 2011

XA SABEMOS QUEN É A MÁIS LEONA DO COLE

Antía Ameneiro Ameneiros é a raíña da nosa selva de libros. É unha leona!!
León
View more webinars from Paula
Queremos axudarvos a ser uns grandes leóns e ... Quen sabe! Tal vez poderedes destroar á nosa actual raíña. Para facelo ímosvos dar a tod@s unhas cartillas de bibliopuntos. Cada vez que participedes nun dos concursos que plantexamos dende a biblio ou cada vez que levedes un libro/peli e cubrades unha ficha de lectura darémosvos un bibliopunto. Con 9 bibliopuntos conseguiredes un agasallo.
Animádevos, hai un esperándovos na biblioteca!!
As fichas de lectura conseguirédelas na biblio. Se queredes botarlles unha ollada, premede nos seguintes enlaces:
Ficha de lectura para infantil
Ficha de lectura para primaria.

miércoles, 16 de febrero de 2011

ESTE ANO ESTREAMOS RECUNCHO DE LECTURA PARA PAIS/NAIS




Estimados pais/nais:

Este ano puxemos en marcha o “Recuncho de lectura para pais/nais”. Está situado en fronte a secretaría. Alí podedes atopar: revistas, libros, xornais, películas…

Proximamente poñeremos un buzón no que agardamos con gran interese as vosas opinións e suxerencias.
Así que, se chegades cedo cando vides buscar aos rapaces, animádevos a utilizalo!!
Lembrámosvos  que a biblioteca é un espazo aberto para toda a familia. Vós tamén podedes facervos socios/as. Podedes vir a solicitar o voso carné no recreo de 12:05 a 12:30 h.


Ademáis, dispoñemos de tres ordenadores que están ao voso servizo. Podedes vir todas as tardes de 16:30 a 18:30 h.

      Tamén recordade que calquera consulta que teñades sobre as actividades que se fan no centro podédela
      realizar na nosa páxina web. A direción é: http://www.centros.edu.xunta.es/ceiporamo/
    
      Facede da vosa espera un intre máis agradable!!

                         Un saúdo e boas lecturas

sábado, 12 de febrero de 2011

RECOMENDACIÓNS DE NADAL




No Nadal quixemosvos axudar a escribir a carta aos Reis e démosvos algunhas suxerencias de libros que están moi ben. Se queredes recordar algún dos títulos só tedes que premer nos seguintes enlaces:

Tríptico de recomendacións para Educación Infantil.

Tríptico de recomendación para o 1º ciclo de Primaria.

Tríptico de recomendación para o 2º ciclo de Primaria.

Tríptico de recomendación para o 3º ciclo de Primaria.

AS NOSAS PORTAS

Este curso continuaremos coa decoración das portas do cole. A continuación amosámosvos o proceso e o resultado da decoración das portas do primeiro andar. A temática foi sobre os contos infantís.
Este curso no segundo andar a temática a traballar é a ciencia.

viernes, 11 de febrero de 2011

UN ANO MÁIS OS LIBROS VAN DE VACACIÓNS Á CASA DOS NEN@S

O curso pasado iniciamos a actividade das mochilas viaxeiras en primaria. Este ano comezaron a súa andaina no mes de outubro tanto para primaria como para infantil. A continuación, mostramos o material e documentos que se inclúen en cada mochila.
Se queredes ver as fotos da entrega das mochilas pinchade aquí.





lunes, 7 de febrero de 2011

PICNIC DE LIBROS


Comezou o curso e as nosas cabeciñas xa estaban famentas de novas historias!! Na biblioteca preparáronnos unhas cestas para ir de picnic aos sitios máis incribles onde nos poden levar os libros.
Hai catro cestos cada un dunha cor diferente: un para infantil de cor laranxa, un para 1º ciclo de primaria de cor verde, un para 2º ciclo de primaria de cor lavanda e outro para o 3º de cor amarelo.
A continuación tedes o contido das cestas por temáticas.


O MÁIS LEÓN

O vindeiro mércores, na hora de ler, xuntarémonos todos na biblioteca para descubrir quen é o máis león do colexio.

viernes, 4 de febrero de 2011

CUPIDO NON ENTENDE DE IDADES.

Chega o mes de febreiro e con el ven San Valentín. Dende a biblioteca convidámosvos a participar nun concurso ...

San Valentín
View more webinars from Paula.

Se queredes coñecer os traballos gañadores premede na seguinte presentación.

BENVIDOS E BENVIDAS


Ola a todos!! Hoxe estreamos o noso blog de biblioteca. Estes días publicaremos traballos e actividades que, aínda que as fixemos no trimestre, pasado parécenos interesante recordar.