martes, 31 de octubre de 2017

COIDAMOS O ENTORNO

Presentámosvos aos membros da Patrulla Verde do cole!! Grazas a eles aprenderemos unha morea de cousas sobre reciclaxe.

Grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega e á nosa Patrulla Verde contamos con esta guía que nos pode resolver algunhas dúbidas sobre como reciclar.
No seguinte enlace podedes ver algunhas das actividades relacionadas co tema RECICLAMOS?

miércoles, 25 de octubre de 2017

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este ano adiantamos os apadriñamentos lectores deste trimestre. É unha oportunidade excepcional para que os nenos que se incorporan este curso inteaccionen cos seus compañeiros e os coñezan un pouquiño mellor. Aquí vos queda unha pequena reportaxe fotográfica. 

sábado, 7 de octubre de 2017

INAUGURACIÓN DA MILLA ESCOLAR

Dentro do Programa "Móvete máis, aliméntate mellor"recibimos a visita de dúas grandes triatletas, Melina e Camila. Despois dunha interesante charla sobre hábitos de vida saudables, alimentación e deporte, inauguramos a milla escolar moi ben acompañados.
Moitas grazas polos vosos consellos chicas!!
Deixámosvos aquí o vídeo resumo.