lunes, 30 de abril de 2012

ITINERARIOS LECTORES

Este ano,decidimos crear os nosos itinerarios lectores. Se os queredes consultar aí vos van.

OS MAIORES CONTAN

Esta semana os nenos e nenas de 6º están a contar contos aos máis peques do cole na Hora de ler. Comezaron Fran e Ainhoa contándonos "O anano saltareiro". Os seguintes narradores foron Cristina e Yoel coa obriña "Estreliña na terra".
Acordádevos que o luns, día 30, será a próxima cita. Tocaralles saír "a escena" a Adrián, Lois e Pablo.
Seguro que o farán xenial!!!

lunes, 23 de abril de 2012

CASCABEL ESTREA IMAXE!!

Hoxe Cascabel, a nosa bolboreta amiga, da a coñecer a súa nova imaxe. A pesares de que foron moitas e moi boas as suxerenzas dos nenos e nenas do cole, Cascabel decantouse pola de Uxía, unha nena de 5º. Di que con este novo look transmite dozura, cercanía e a súa gran paixón polos libros.
Es unha verdadeira artista Uxía!!
Parabéns!!





Despois de darlle a Uxía un pequeno agasallo pola súa creación, mostrámoslles a tod@s que Cascabel acompañaranos nas nosas lecturas dende unha das paredes da biblio e ensinamos o que será o novo cuño.



domingo, 15 de abril de 2012

O VENRES CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Co motivo da celebración do día do libro, o venres pasado fixemos apadriñamentos lectores. Como o tempo non acompañou, fixémolo dentro do cole. Calquera sitio está ben para ler e escoitar un conto!!
Aquí está a mostra do resultado dos apadriñamentos.