martes, 28 de abril de 2020

"VIDEO DÍA DO LIBRO 2020"


Despois de todas as fotos e vídeos recibidos, só nos queda dicir unha cousa.
GRAZAS!!!! 💖💖💖
Mil grazas a tod@s os que participastes. A biblioteca se alimenta de tod@s vós, que dedicades un anaquiño do voso tempo para participar e permitirnos facer actividades fermosas como esta.
Aquí tedes o resultado de todas esas marabillosas aportacións. 
Está feito con todo o agarimo do mundo!! Esperamos que vos guste!
Apertas bibliotecarias!!







lunes, 27 de abril de 2020

Esta semana vai... De viaxes!


Esta semana vai... DE VIAXES! ✈🗿🗽
Coincidindo coa marabillosa entrada sobre o día da Terra do equipo de Voz Natura e EDLG, unímonos ao reto de viaxar dende a casa. 
Propoñémosvos ir a lugares incribles sen ter que pasar unha morea de horas nun avión e ata viaxar á outra punta do mundo sen moverse da casa.

Para iso, compartimos con vós un enlace no que poderedes facer un tour virtual a miles de lugares do mundo a través de fotografías e vídeos en 360º.
Ademais, cada fotografía vai acompañada dunha galería fotográfica e de música adaptada ao lugar que estades vendo.
Vivimos nun mundo marabilloso!!! 🌍 Non deixedes de disfrutalo.💚  

https://www.airpano.com/


Poderedes visitar lugares fermosísimos como éstes (na páxina web estas imáxenes son en 360º)

  Cráter do volcán Erta Ale (Etiopía) 



     Alpes Suízos


    Pingüíns en Useful Island (Antártida)



Central Park e a Bahía de Manhattan (Nueva York)


   Noite estrelada no Deserto do Sáhara



      Gran muralla china



    Torre Eifel e o río Sena (París)


    Coliseo romano (Roma)




      Taj Mahal (India)
   

Se queredes deixar algún comentario podedes facelo aquí. 📝


   

jueves, 23 de abril de 2020

Ampliación de prazos de entrega para a actividade "Vai de... libros"


Ampliamos prazo de entrega para enviar fotos ou vídeos ata o luns 27 de abril.
Animádevos! que aínda quedan uns diíñas. 😊

Apertas bibliotecarias

lunes, 20 de abril de 2020

Esta semana vai... DE LIBROS!!


O día 23 de abril festéxase o día do libro.📕📖📕
Todos os cursos, por estas datas, comezabamos as lecturas compartidas, nas que as familias viñades á biblio a contarlle un conto aos nenos/as.
Este curso non podemos facelo, pero non queremos quedar coas ganas de festexar. Por iso, queremos propoñervos unha actividade para a que pregamos a vosa colaboración. É unha actividade voluntaria pero animámosvos a tod@s a participar.

Como sabemos que as circunstancias non son doadas e cada familia ten unha situación diferente, propoñémosvos varias alternativas para que elixades a que mellor vos conveña (ou as que mellor vos conveñan no caso de querer participar en varias).

1- Foto Lectora: Trátase de facer unha foto lendo un libro (pode ser dos nen@s, das familias...).📷

2- Son unha portada de libro! Consiste en recrear unha portada do conto que queirades e facervos unha foto (ao final deixámosvos algúns exemplos)📷

3- Son booktuber! Consiste en gravar un vídeo curto no que nos recomendedes o voso libro favorito. (podedes contarnos, por exemplo, por que vos gusta tanto, por que pensades que deberiamos lelo...)📹 (Se vos da vergoña saír no vídeo, podedes simplemente gravar a portada do libro, algunha das súas páxinas ou incluso, mandar unha nota de audio)

4- Lecturas compartidas! Trátase de contar un conto e gravalo en vídeo para poder facer unha lectura compartida📹. Podedes lelo sós ou coa familia, que de seguro é máis divertido!

Con todos os proxectos que recibamos, faremos unha presentación e a compartiremos con vós a través das redes.
Os proxectos podedes envialos a biblioramo@gmail.com ata o venres 24 de abril.

Moitas grazas a tod@s e moito ánimo!!

Grazas a vós, a biblio segue a ter vida!💖💖

Aquí tedes dous exemplos de como representar a portada dun conto. (sacado da páxina pequeideas que partiu dun reto proposto pola autora Cristina Oleby)







martes, 14 de abril de 2020

Esta semana vai... de Curtametraxes!!


A biblio non para!! 📖📖

Voltamos con enerxía para facervos o confinamento un pouquiño máis levadeiro...

Para esta semana propoñémosvos curtametraxes que podedes disfrutar en familia. 🎬

Todos eles teñen algunha mensaxe que transmitir (xa sexa traballo en equipo, amizade, diversidade, tenacidade, esforzo, superación...)💚💛💜💙

Esperamos que vos gusten.

Lembrade que ao final podedes comentar que vos parecen, cal vos gustou máis, cal menos, outros que víchedes e vos gustaron...
Así tamén nos axudades a mellorar cada día, que a biblio sen vós, non sería nada!!
 
Moito ánimo e moitas grazas!! 💓


1. "The bridge" (A ponte).



2. "La rama de olivo. Dormir"



3. "La rama de olivo. Frío"




4. "La rama de olivo: Comida"




5. "Colour your world ( "Colorea o teu mundo")"




6. "Cidade colorida"






7. "Ratón en venta"





8. "Presto"



9. "Snack attack"




10. "Monsterbox"





11. "For the birds" 



12. "La oveja pelada" 





13. "Cloudy"






14. "Pip" 




15. "Head up" (Levanta a cabeza)





16. "The present" ("O agasallo")





17. "A joy story". "Joy and lucky carp"  (Joy e a carpa da fortuna)





18. "A Joy story" Joy and Heron (Joy e Heron)





19. "Fishing with Sam" (Pescando con Sam")





20. "Dragonboy" ("Neno dragón")





21. "Alike"

22. "Soar"






23. "Scarlett"






24. "La parábola de la mantis"





25. "El alfarero"





26. "Rich" 





27. "Ian"






28 "La boite" ( "A caixa")




29. "One per person" (Un por persoa)




30. "The fantastic flying books" 





Esperamos que disfrutárades véndoos como nós elixíndoos"" 
 Moito ánimo que xa queda menos!!

jueves, 2 de abril de 2020

Día mundial da concienciación sobre o autismo. 2 de abril 2020





Hoxe, 2 de abril, é o día mundial da concienciación sobre o autismo. 
Non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir información sobre o tema con todos vós.
Deixámosvos varios recursos que vos axudarán a entender en qué consiste, cómo podemos poñernos no seu lugar, etender o seu día a día... xa que isto é clave para seguir avanzando na convivencia e na inclusión, que é labor de todos/as.


Vídeo informativo: "Cosas asombrosas suceden"



 Vantaxes e fortalezas de persoas con síndrome de Asperger.



Dende a páxina Autismo Madrid, remítennos a unha entrada en youtube dun vídeo creado para axudarnos a entender as sensacións que experimenta unha persoa con autismo.




Aquí tedes un vídeo conto orientado para os máis pequenos:





E estes, para un pouco máis maiores e incluso adultos: 



 

 Aquí tedes varios contos con pictogramas:

"El oledor explorador"


"La rana pirata"




"Las pelusas se van de casa"




"El dragon chef"



Por último, deixámosvos un xogo auditivo no que terán múltiples temáticas para elixir e deberán adiviñar que está soando.
Espero que os disfrutedes:

https://www.pictosonidos.com/