domingo, 29 de septiembre de 2019

SEMANA POLO CLIMA


Do 20 ao 27 de setembro, participamos na  "Semana polo clima", onde ademais de aprender, reivindicamos a importancia do coidado e a protección do noso medio ambiente.  🌍🌍
Para iso, fixemos diferentes actividades como levar camisetas verdes, gardar un minuto de silencio, o visionado de documentais sobre a contaminación e os seus efectos devastadores no planeta, elaboramos carteis...

Aquí tedes unhas imaxes dese traballo tan importante:





















domingo, 22 de septiembre de 2019

COMEZAMOS!!

Para dar a benvida ao novo curso 2019-2020, a través do equipo de actividades extraescolares e complementarias, fixemos un marabilloso mural na entrada chamado "A árbore dos desexos". A idea é que a árbore permaneza durante todo o curso pero cambiando a súa decoración segundo as distintas conmemoracións.
Ao primeiro, os nenos/as escribiron en folliñas de outono un desexo que tiñan para este curso 2019-2020. 
Así de bonitiño quedou.🍁🍂🍃









Tamén comezamos coas tradicionais mesas temáticas mensuais. Este mes, con novidades salientables como estas:





jueves, 19 de septiembre de 2019

CAMBIOS NA BIBLIO!

Comezamos outro curso con moita ilusión e moitas ganas de traballar. Aquí xa levamos uns días traballando para facer a nosa biblio ademais de bonita, o máis accesible e funcional para todos os nenos/as. Como poderedes ver, dotámonos dalgunhas estanterías máis baixiñas para facilitar a accesibilidade e movemos outras para facer o espazo máis diáfano.
Ademáis, adquirimos tamén mesas abatibles e regulables en altura para que todos/as os nenos/as poidan vir e utilizalas dun xeito máis cómodo. E aínda por riba son de cores, o que lle da frescor e alegría á vista.
Por último, tamén puxemos nas estanterías, marcadores con apoio visual segundo a cdu para que sexa doado atopar a sección de libros á que se queira acceder. 
Seguiremos cambiando cousiñas pouco a pouco, pero de momento, estamos moi satisfeitos co resultado. 
Esperamos que vos guste igual que a nós...  😊😊