Este trimestre, o alumnado de 6º de primaria na clase de Lingua Castelá, fixo reseñas de libros. Se queredes ver o resultado prestade atención ao seguinte vídeo.
martes, 16 de junio de 2026
lunes, 15 de junio de 2026
RECOMENDADOS DE VERÁN
Chega o verán, e con el as nosas recomendacións lectoras!
Aproveitamos para desexarvos unhas moi felices vacacións!
jueves, 11 de junio de 2026
martes, 9 de junio de 2026
XOGAMOS NA BIBLIO
lunes, 8 de junio de 2026
LECTURAS COMPARTIDAS
Chega final de curso e con el as lecturas coas familias. Tanto a nenos como a maiores encántanos esta marabillosa actividade.
Moitas grazas por colaborar !!
martes, 12 de mayo de 2026
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
A continuación deixámosvos un díptico co que poderedes coñecer un chisquiño mellor a Begoña Caamaño, autora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Tamén queremos facervos algunhas recomendacións de libros na nosa lingua. Para poder ver mellor as imaxes, non vos esquezades de facer click sobre elas.
Feliz día das Letras Galegas!!
lunes, 27 de abril de 2026
APADRIÑAMENTOS LECTORES
O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha actividade que nos encanta a todos e todas. Os apadriñamentos lectores!
O patio encheuse de recunchos máxicos onde se escoitaban contos de piratas, lendas de misterio, aventuras espaciais e poemas divertidos.
A continuación, deixámosvos un vídeo para que poidades disfrutar desta xornada chea de historias, complicidade e moitos sorrisos.
martes, 7 de abril de 2026
ENTREVISTAMOS A ALMUDENA, ENXEÑEIRA EÓLICA
No seguinte enlace poderedes escoitar a entrevista que Charlotte, Érika e Lucas (alumnos de 4º de primaria), fixeron a Almudena, a nai de Lucas.
Ela contaranos a súa experiencia no ámbito científico-tecnolóxico e daramos a súa opinión sobre o papel da muller neste campo.
Non vola perdades, é moi interesante escoitala!
Para escoitala deberedes pulsar no seguinte enlace: entrevista a Almudena
martes, 31 de marzo de 2026
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
A semana pasada o noso colexio encheuse de ritmo, rima e moito sentimento. Para conmemorar o Día Internacional da Poesía, decidimos que os versos non podian quedar gardados nos libros...
Tiñan que voar polas ondas do espazo!
Por iso, os alumnos e alumnas de Primaria convertéronse en auténticos locutores e locutoras por un día e asaltaron os micrófonos da nosa radio escolar con poemas dos libros de Acuario de María Canosa e Pompas de cores de Miguel Anxo Romero.
martes, 10 de marzo de 2026
XUÍZO E TESTAMENTO DE DONA PLASTIQ-ILLA
Para dar por finalizado o tempo de entroido fixemos o xuízo e testamento de dona Plastiq-illa.
Queredes saber o que nos deixou en herdanza ? Se premedes no seguinte enlace, escoitaredes da boca do alumnado de 6º de primaria que foi o que nos deixou a cada un.Xuízo e testamento de dona Plastiq-illa
domingo, 8 de marzo de 2026
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Este domingo 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, unha data para reflexionar sobre o camiño percorrido, recoñecer o papel fundamental das mulleres na sociedade e lembrar todo o que aínda queda por conseguir en materia de igualdade.
Para celebrar esta xornada, preparamos unha exposición de libros na entrada do colexio dedicada a esta temática.
Esta pequena mostra é unha invitación a ler, pensar e compartir. Queremos que o alumnado e as familias se acheguen, descubran novas narrativas e se inspiren en exemplos reais de igualdade, esforzo e xustiza.
A igualdade tamén se aprende lendo, falando e vivindo día a día. Grazas por formar parte deste camiño!
lunes, 23 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, 23 de febreiro é o día de Rosalía.
Para conmemoralo cada neno creou a súa propia chapa a partires do modelo que lles pasamos os profes. Quedaron chulísimas!
Tamén fomos á radio con Iker e Blanca, alumnos de 3º de primaria e leron o poema de "Adiós ríos, adiós fontes". Queredes escoitalos? Pois clicade no seguinte enlace: "Adiós ríos, adiós fontes"













.jpeg)
















.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)












.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

