miércoles, 23 de diciembre de 2015

XINCANA DE NADAL

Desexosos de ver as fotos da xincana? Pois aquí vos van!!

RECOMENDADOS DE NADAL

Precisas axuda para escribir a carta aos Reis? Pois aquí dámosche algunhas suxerencias

 EDUCACIÓN INFANTIL
1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

domingo, 20 de diciembre de 2015

CONTOS NO RECREO

Este ano comezamos coa actividade "Contos no recreo". Nela participan todos aqueles nenos e nenas que teñen ganas de ler un conto para os demáis. Preparan carteis anunciando o día que o van contar e convidando aos demáis compañeiros do cole a escoitalo, ensaian en grupo, buscan nas novas tecnoloxías un apoio para dinamizalo,... De momento só escoitamos dous pero parece que a actividade ten moito éxito tanto para os que len como para os que escoitan.



Animádevos a participar!!

viernes, 18 de diciembre de 2015

VISITA DO APALPADOR E DE PAPÁ NOEL

O xoves 17 Papá Noel pasou por todas as aulas do cole a visitar a todos os nenos do cole.



Un pouquiño máis tarde os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria recibiron na biblioteca a visita do Apalpador. Contáronos o conto de "Antón e o Apalpador" e para rematar bailamos todos xuntos!!

jueves, 17 de diciembre de 2015

ÁRBORE DE NADAL

Que ben saen os traballos cando se fan en equipo!! Grazas á colaboración de todos os nenos e nenas do cole e das súas familias, elaboramos esta fermosa árbore de nadal. Esperamos que vos gustase o resultado, a nós encantounos!!