sábado, 23 de mayo de 2015

KUNG FU PANDA 2

Hoxe Lidia e o seu pai contáronnos unha das aventuras de Kung Fu Panda. Gustounos moito escoitalos!!
Grazas ao dous!!

miércoles, 20 de mayo de 2015

4º RETO MATEMÁTICO

Imos a polo 4º reto!!

SOLUCIÓN 3º RETO MATEMÁTICO




Os gañadores deste 3º reto son:
1º ciclo: María Espada
2º ciclo: Sara. Por segunda semana consecutiva!!
3º ciclo: Gabriel. Por terceira semana consecutiva!!Es un rapaz con moita sorte!!

OS BOLECHAS VAN AO MÉDICO

Hoxe a nai de Nuria leunos o libro de "Os Bolechas van ao médico". Estivo moi ben!!




CANCIÓN MAIO


ACTUACIÓN 4º ED. PRIMARIA


QUEN ME QUERE ADOPTAR?

martes, 19 de mayo de 2015

ACTUACIÓN 1º CICLO

Aquí tedes o Caracol caracoleiro do 1º ciclo!!

ACTUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí vai a actuación dos máis pequeniños!

FESTIVAL MAIOS E LETRAS GALEGAS. ACTUACIÓN 3º CICLO

Para rematar a semana, celebramos o Festival dos Maios e das Letras Galegas.
Comezamos co alumnado de 5º e 6º de primaria que nos explicaron os aspectos máis salientables da vida e obra de Filgueira Valverde.


NENAS DO MUNDO

Hoxe tivemos a lectura de Sara e a súa nai. Escolleron o libro de  "Nenas do mundo"
Grazas a elas poidemos viaxar por moitos países e coñecer cousas sobre eles sen saír da nosa biblio!!
Grazas chicas!!














CARABUÑAS

O venres a nai de Elena e Gabriel leunos o conto de "Carabuñas". Gustounos moito e seguramente en breve pase a formar parte da nosa colección da biblio. Moitas grazas!!

MAIO 2015

O xoves entre todos fixemos o maio. Un pouco de fiuncho por aquí, unas cornetas por alá, xestas pos acolá e ... Listo!! A continuación deixámosvos o proceso de elaboración.


sábado, 16 de mayo de 2015

RACIÓN DOBRE DE CONTO

Onte tivemos ración dobre de conto. Uxía e Sabela viñeron ler con Carmen, a súa nai. Para o 1º ciclo escolleron o conto de "Eu non fun!!" e para 4º de primaria seleccionaron un dos contos que se recollen no libro "Cuentos maravillosos". Parabéns rapazas!!

jueves, 14 de mayo de 2015

ALFOMBRA 2015

Onte iniciamos a celebración dos actos típicos deste mes no noso cole.
Comezamos coa tradicional alfombra. Aquí tedes como foi o proceso de elaboración e o resultado final.Este ano a temática da alfombra, ao igual que o mural do día da Paz, está relacionada coa obra de Keith Haring xa que estamos aprendendo cousiñas sobre este artista e a súa obra.


Mañá elaboraremos entre todos o maio.
Por último, o venres remataremos a semana co Festival das Letras Galegas e dos Maios.

PIPO, PASTOR DE XOANIÑAS

Hoxe, María Espada e a súa nai léronos o conto  "Pipo, pastor de xoaniñas".
Estivo moi entretido.
Excelente elección chicas!!


 






martes, 12 de mayo de 2015

SOLUCIÓNS DO 2º RETO MATEMÁTICO E GAÑADORES DA SEMANA

Queredes saber as solucións dos retos. Pois aquí as tedes!!


 
 E os gañadores do 2º reto son...


1º ciclo: Leire
2º ciclo: Sara
3º ciclo: Gabriel
Parabéns!!

viernes, 8 de mayo de 2015

IVÁN E O LOBO GRIS

Hoxe tivemos a sorte de ter no noso cole á Asociación Musical "Musicreques", dúas grandes artistas que nos fixeron pasalo moi ben co conto de "Iván e o lobo gris" e a súa magnífica interpretación ao piano de danzas eslavas de Antonín Dvorak.
A continuación deixámosvos algunhas fotos para que recordedes canto nos divertimos.
Encantounos!!
Parabéns por este gran espectáculo!!



jueves, 7 de mayo de 2015

EDUARDO. O NENO MÁIS TERRIBLE DO MUNDO

Hoxe o libro escollido por Martín e a súa nai para contarnos aos nenos e nenas do 1º ciclo foi "Eduardo, o neno máis terrible do mundo".
Excelente elección!!
Moitas grazas aos dous!!