martes, 29 de abril de 2014

TANNEKE, A PRINCESA DAS BRUXAS

Onte ía ler un conto Marco, pero quedouse sen voz e non puido ser.
Hoxe, Mariña e a súa nai Silvia léronnos "Tanneke, a princesa das bruxas".

TANNEKE, A PRINCESA DAS BRUXAS by Slidely Slideshow

viernes, 25 de abril de 2014

A TARTARUGA QUE NON PODÍA DURMIR

Hoxe foi Enma, a nai de Fátima, a encargada de lernos o conto e contou non con unha, senon con dúas grandes axudantas: a súa filla Fátima e Aixa.
Con semellante axuda, calquera le ben un conto!!!

A TARTARUGA QUE NON PODÍA DURMIR by Slidely Slideshow

jueves, 24 de abril de 2014

COCORICO

O conto de hoxe foi  o sempre entrañable COCORICO.
Encargouse da súa lectura Marta coa axuda da súa filla Andrea.
 Un conto precioso.

martes, 22 de abril de 2014

EL LEÓN QUE NO SABÍA ESCRIBIR

Hoxe veu ler Carmen, nai de Uxía, que contou coa inestimable axuda da súa filla para pasar as follas e mostrar as ilustracións do libro que levaba por título
EL LEÓN QUE NO SABÍA ESCRIBIR

EL LEÓN QUE NO SABÍA ESCRIBIR by Slidely Slideshow

sábado, 12 de abril de 2014

LA PRIMERA VEZ QUE NACÍ

O venres, día 11, veu ler Dolores, a nai de Brais. O conto elexido por nai e fillo foi LA PRIMERA VEZ QUE NACÍ. Unha historia moi curiosa que tivo un gran éxito.

LA PRIMERA VEZ QUE NACÍ by Slidely Slideshow

miércoles, 9 de abril de 2014

O HOME DO LUME

A lectura de hoxe foi algo especial.
Tivemos catro lectores: Sara, a súa nai(técnico forestal) e dous compañeiros de profesión que nos leron, como non!, o conto "O HOME DO LUME" sobre os incendios forestais.
Ao final da lectura houbo unha rolda de preguntas sobre os bosques, os incendios forestais, a prevención, ...

O HOME DO LUME by Slidely Slideshow

martes, 8 de abril de 2014

LA GALLINA COCORINA

Hoxe tocoulle vir ler a Manuela, a nai de Leire.
O conto elexido foi "LA GALLINA COCORINA".
Unha bonita historia e unhas ilustracións moi alegres.

La gallina Cocorina by Slidely Slideshow

lunes, 7 de abril de 2014

PETRA

Montse, a nai de David Picallo, veu ler para o 1º Ciclo PETRA, unha historia tenra, bonita e simpática.


PETRA by Slidely Slideshow

domingo, 6 de abril de 2014

CONCERTO DIDÁCTICO

O venres, día 4, asistimos a un concerto didáctico a cargo da Banda de Música do Tercio Norte, no Cuartel de Dolores. Acabado o concerto e no mesmo cuartel, asistimos a unha exhibición de cans amestrados. Moitos ofrecéronse voluntarios para axudar á exhibición.
A continuación o 2º e 3º ciclos achegámonos ao Museo Naval, onde puidemos contemplar cousas moi curiosas, coma mascaróns de proa, pastecas, cois, anclas de variados tamaños e formas, cabos de todo tipo e o esparto para fabricalos,... ata puidemos ver e tocar un coche de bombeiros que era tirado por CABALOS!!!


CONCERTO E MUSEO by Slidely Slideshow

miércoles, 2 de abril de 2014

LA BUENA PIPA

Hoxe, Día do Libro Infantil e Xuvenil, celebrámolo en O Ramo coa actuación do grupo de contacontos "La Buena Pipa".
Estiveron fantásticos. Contaron unha morea de contos a cal máis ameno e divertido.

ENTREGA DE BIBLIOPUNTOS

O venres pasado fixemos entrega de agasallos aos nenos e nenas que cubriron as súas cartillas de bibliopuntos. Queredes saber quen son os máis leóns e leonas do cole?

PRIMEIRA LECTORA E VIDEOCONFERENCIA

Hoxe tivemos sesión dobre:
Por un lado Carmen e Sabela(nai e filla) leron e ensinaron o libro titulado "Los vestidos de mamá".
Un festín para a vista.

Despois, @s rapaces/zas de 3º do colexio "Santiago Apóstolo" de Franza, polo Skype, léronnos o conto "O vendedor de boinas" ilustrado por eles mesmos.
Todo un agasallo.
MOITAS GRAZAS A ELES E Á PROFE ALICIA.