martes, 24 de noviembre de 2015

EN BIBLIORAMO ESTAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Queremos compartir con vós este pequeno vídeo. Adicádelle uns minutiños!! Merece a pena.


  


E para os máis pequenos sesión de contacontos do libro "Rosa Caramelo". Este fermoso conto trata de erradicar estereotipos sexistas e a discriminación destacando a importancia do rol feminino.


lunes, 23 de noviembre de 2015

MESA TEMÁTICA DE NOVEMBRO: QUE MEDO!!



Como sabedes, este mes a nosa mesa temática de lecturas recomendadas trata sobre o medo. Para os que aínda non a visitáchedes animámosvos a facelo. Durante o recreo, á saída do cole con papá e mamá,...Calquera momento pode ser bo para descubrir unha historia fascinante.
Pero coidado!! Estes libros son só para valentes aos que non lles den medo os monstruos, as bruxas, os vampiros,...
Atreveste? Algúns nenos e os seus papás xa o fixeron.!!





viernes, 20 de noviembre de 2015

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


Un ano máis estamos participando más Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Estamos desexando aprender dos compañeiros e compañeiras doutros coles para mellorar a nosa biblioteca e facela máis dinámica.


domingo, 8 de noviembre de 2015

A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ


Esta semana comezamos coa celebración da "Semana da Tradición Oral". Para introducir o tema comezamos o venres pasado coa actuación do grupo Pinga Teatro. Contáronnos o conto de "A nai da nai da miña mamá". Con él quixemos destacar a importancia dos avós e bisavós. Canto nos gusta que nos conten as súas historias de novos e eses contos tan especiais que non nos cansamos de escoitar!
Foi moi entretido e rimos moito. Un conto, música e moitas risas. Que máis podemos pedir!!
Se queredes volver a ler o conto, recordade que o temos na biblio na sección de novidades.
Aquí queda unha pequena mostra do venres.