domingo, 8 de noviembre de 2015

A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ


Esta semana comezamos coa celebración da "Semana da Tradición Oral". Para introducir o tema comezamos o venres pasado coa actuación do grupo Pinga Teatro. Contáronnos o conto de "A nai da nai da miña mamá". Con él quixemos destacar a importancia dos avós e bisavós. Canto nos gusta que nos conten as súas historias de novos e eses contos tan especiais que non nos cansamos de escoitar!
Foi moi entretido e rimos moito. Un conto, música e moitas risas. Que máis podemos pedir!!
Se queredes volver a ler o conto, recordade que o temos na biblio na sección de novidades.
Aquí queda unha pequena mostra do venres.





No hay comentarios:

Publicar un comentario