Mostrando entradas con la etiqueta apadriñamentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta apadriñamentos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de junio de 2014

AMA/APADRIÑAMENTOS XUÑO

Hoxe fixemos os  terceiros ama/apadriñamentos do curso que xa acaba.
Tivemos un día estupendo, ideal para estar no campo ou á sombriña. Pero, como podedes ver polas fotos, búscanse os espazos máis diversos para ler.

martes, 22 de octubre de 2013

PRÓXIMAS CELEBRACIÓNS

Xa temos o motor posto a toda marcha e vos conto:
Mañá, día 23, faremos os amadriñamentos/apadriñamentos.
O venres, día 25, (se o tempo dá permiso) iremos a Goente a recoller cogomelos.Se non podemos ir, os de 4º, no kamishibai, contaranos "Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?".
O día 28, luns, faremos as caveiras de cabazas e os de 6º representarán a obra "Indo para o Samaín".
O día 30, mércores, (tamén co permiso do tempo) celebraremos o Magosto.
Sin día fixado aínda, a nai de Diaou virá contarnos un conto que nos poñerá os pelos de punta.
De todo sacaremos fotos e as colgaremos aquí para que todos as poidades ver.
De momento, hoxe empezamos colocando na entrada unha selección dos contos de medo que temos na biblio.
MEDO - LIBROS

martes, 23 de abril de 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Para festexar o DÍA DO LIBRO celebramos os segundos amadriñamentos/apadriñamentos deste curso.
Os primeiros tivemos que facelos no interior do colexio porque facía moi mal tempo, pero para estos tivemos moitísima sorte e os rapaces e as rapazas ceibáronse por todo o recinto que, como sabedes, é extenso e precioso. Calquera lugar foi idóneo para a actividade: as escaleiras, o patio traseiro, baixo as árbores, ...
Foi unha xornada única.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!