Neste curso seguimos sendo moi afortunados co tempo.
O mércores, día 30, celebramos coas familias, como facemos sempre, o MAGOSTO.
Tod@s poideron visitar a exposición de cabazas, elaboradas o luns nas aulas, que estaban moi ben ambientadas con música e iluminación.
Mentres se asaban as castañas tivemos unha sesión de XOGOS POPULARES. Houbo de todo: corda, pasemisí-pasemisá, zancos, brilé, chapas, aros, pano e ata un recuncho de maquillaxe.
Logo chegou o momento de papar as castañas, que estaban boísimas.
Para rematar a sesión, @s nen@s de Infantil cantaron na biblioteca para as familias "Corre, corre, cabaciña".
Foi unha xornada completiña que aí vai en fotos.
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
jueves, 31 de octubre de 2013
martes, 27 de noviembre de 2012
O NOSO FUTURO DIRECTOR DE CINE
Aquí temos "a curta curtiña" feita polo noso colaborador David Picallo, alumno de 5º.
jueves, 1 de noviembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)