Un ano máis deixámosvos unha pequena selección de libros recomendados.
Recordade que os tedes á vosa disposicón na mesa da entrada do colexio.
Aproveitamos para desexarvos boas festas!!
viernes, 21 de diciembre de 2018
jueves, 20 de diciembre de 2018
DENDE BIBLIORAMO... FELICES FESTAS!
Dende o equipo de biblioteca do CEIP O Ramo, queremos deserxarvos á toda a comunidade educativa, un bo Nadal e un próspero ano 2019.
Aquí vos esperamos á volta de vacacións, con libros, actividades e moita ilusión.
Deixámosvos cunhas fotos da xincana de Nadal, na que fixemos esta árbore de post it tan chula!
BOAS FESTAS!!
Aquí vos esperamos á volta de vacacións, con libros, actividades e moita ilusión.
Deixámosvos cunhas fotos da xincana de Nadal, na que fixemos esta árbore de post it tan chula!
BOAS FESTAS!!
domingo, 9 de diciembre de 2018
RECOLLIDA SOLIDARIA
Un ano máis, quixemos aportar o noso graíño de area axudando a aqueles que máis o precisan.
A cambio dos alimentos e da roupa de abrigo doada, agasallamos un marcapáxinas elaborado polo noso alumnado e libros do expurgo realizado na biblio ao comezo deste curso.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!

lunes, 3 de diciembre de 2018
ISTO NON É UNHA FOLLA!!
"Isto non é unha folla!!". Baixo este lema plantexámoslle ao alumnado e ás súas familias a elaboración dunha obra creativa a partires dunha folla do outono.
Este foi o magnífico resultado!!
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!
Este foi o magnífico resultado!!
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!
viernes, 9 de noviembre de 2018
BOLSAS DE LECTURA
Hoxe comezan a súa viaxe de fin de semana as bolsas de lectura.
Como xa sabedes, cada venres, os pequerrechos/as de educación infantil levan un conto para a casa para poder gozalo en familia.
Elixímolos co maior dos mimos e esperamos que vos gusten tanto como a nós.
Que estas lecturas fagan os fins de semana aínda un pouquiño máis pracenteiros.
A Gozar!!

martes, 19 de junio de 2018
domingo, 17 de junio de 2018
PROXECTO LÓVA
Ao longo deste curso o alumnado de 5º e 6º de primaria levou a cabo o Proxecto Lóva. O pasado venres estrearon a súa ópera e foi todo un éxito!!
Antes de comezar a ópera, o equipo de documentalistas da compañía explicou como levaron a cabo todo o proceso. A continuación, podedes velo.
Antes de comezar a ópera, o equipo de documentalistas da compañía explicou como levaron a cabo todo o proceso. A continuación, podedes velo.
jueves, 7 de junio de 2018
VERMES DE SEDA
Como sabedes, nestes momentos estamos coa cría de vermes de seda. Grazas á profe Alicia, contamos con este marabilloso vídeo no que se nos explica o proceso da metamorfose que sofren, como debemos coidalos e de como son empregados para empregar a súa seda.
Moitas grazas Ali!!
Moitas grazas Ali!!
martes, 5 de junio de 2018
ESCRITORAS GALEGAS
Sabiades que dende que se celebra o Día das Letras Galegas foron só catro mulleres as homenaxeadas?
Con fin de darlle visibilidade á gran cantidade de mulleres escritoras coas que temos a sorte de contar dentro da literatura infantil e xuvenil galega fixemos traballos de investigación para coñecer a vida e obra de algunhas delas.

MAIO E ALFOMBRA FLORAL
Como todos os anos por estas datas, elaboramos a nosa alfombra floral e o maio.
A continuación podedes ver o resultado.
A que quedou chulo?
A continuación podedes ver o resultado.
A que quedou chulo?
lunes, 4 de junio de 2018
CONCURSO DE CARICATURAS
Como ven sendo tradicional, este ano realizamos o concurso de caricaturas da autora homenaxeada o día das Letras Galegas.
Os gañadores do concurso foron:
Simón García de 1º de primaria, Brais Pazo de 4º de primaria e Óscar Iglesias de 6º de primaria.
Parabéns rapaces!!
Se queredes ver os fabulosos traballos realizados por todo o alumnado xa tedes á vosa disposición na biblioteca o libro recopilatorio.

miércoles, 30 de mayo de 2018
VIAXAMOS NO TEMPO!!
Grazas Marco,o noso científico, poidemos viaxar na súa máquina do tempo. Aproveitando que estamos a traballar sobre María Victoria Moreno, Marco decidiu traela do pasado para saber de primeira man como foi a súa vida.
Magnífica actuación de María e Marco!!
Moitas grazas aos dous polo voso traballo!!
Magnífica actuación de María e Marco!!
Moitas grazas aos dous polo voso traballo!!
martes, 15 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Como sabedes, este ano a autora homenaxeada o día das Letras Galegas é María Victoria Moreno. Aquí vos deixamos un díptico coa súa biografía e unha escolla de libros recomendados da súa obra.
viernes, 4 de mayo de 2018
LECTURAS COMPARTIDAS
E en abril... Lecturas mil!!
Voltamos outro ano máis coas lecturas compartidas.
Cada ano anímanse máis papás, mamás, irmáns, madriñas,... así que temos a sorte de poder escoitar contos case todos os días.
Grazas a todas as familias por facer posible esta actividade que tanto nos gusta!!

miércoles, 25 de abril de 2018
CÓNTAME O QUE SABES
O noso alumnado está desexoso de compartir cos mais os seus coñecementos!!
Grazas ao proxecto Cóntame o que sabes poderemos aprender unha morea de cousas cos nosos compañeiros.
Ata o de agora realizamos 3 sesións de ioga e unha charla sobre o coidado dos animais domésticos.
Cal será a seguinte?

miércoles, 14 de marzo de 2018
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Por fin chegaron os desexados apadriñamentos e amadriñamentos lectores do segundo trimestre!!
O tempo acompañou así que poidemos disfrutar coa lectura ao aire libre.
Reportaxe fotográfico
O tempo acompañou así que poidemos disfrutar coa lectura ao aire libre.
Reportaxe fotográfico
domingo, 11 de marzo de 2018
VISITA PAULA MAYOBRE
Seguindo coas actividades planificadas para o Día da Muller Traballadora, recibimos a visita de Paula Mayobre. Esta atleta internacional explicounos a importancia de facer deporte e relatounos as dificultades que se atopou ao longo da súa carreira deportiva polo feito de ser unha muller.
Aproveitando a visita, correu a milla connosco e deunos uns conselliños que seguramente nos serán de moita axuda.
Moitas grazas por compartir connosco a túa experiencia Paula!!
jueves, 8 de marzo de 2018
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Para festexar este día ademáis de traballarse con varios contos da nosa biblio, tivemos a sorte de participar na actividade proposta polo concello de "Contos pola igualdade".
Non perdades a oportunidade de saber quenes son!!
Pois entón.... A pescudar!!
domingo, 25 de febrero de 2018
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
O ano pasado, enterámonos que unha compañía aérea incorporara a imaxe de
Rosalía nun dos seus avións. Nós decidimos crear a nosa propia flota de
avións e levar a obra de Rosalía por todo o mundo. Para iso o alumnado
de infantil traballou os títulos dos libros e poemas máis destacados da
escritora mediante unha dinámica de aprendizaxe cooperativo e o alumnado
de primaria escribiu en avionciños unha estrofa dalgún dos seus
poemas.
Ademáis, o alumnado de 5º e 6º de primaria en colaboración coa asociación Liga de Amigos de Barallobre, foi facer unha lectura de poemas que se retransmitiron en Radio Fene neste día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)