domingo, 27 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


O día 24 de outubro, celébrase o día das bibliotecas escolares. 📚📖📕
Xa sabedes que no noso cole, intentamos fomentar a lectura durante todo o ano, pois pensamos que é un recurso excelente para desenvolver moitas capacidades dos nosos pequenos, ademáis de poder vivir aventuras fascinantes, historias de medo e ledicia, contos de risa e de reflexión...   
Pero neste día particular, decidimos facer un mural sobre a biblioteca escolar. Despois de moito pensar e buscar en internet, atoparon unha idea que lles serviu de inspiración para facer o seu propio, onde plasman perfectamente o que significa para eles a lectura e a biblioteca. Así de fermoso lles quedou:







lunes, 7 de octubre de 2019

Cestas, mochilas e bolsas de lectura

Como xa sabedes, no cole temos as cestas das aulas, na que os nenos/as elixen ( con asesoramento do equipo de biblioteca e dos titores/as )aqueles libros que lles resultan interesantes para ler na hora da lectura. Cando queren cambiala, baixan á biblio e fan o cambio de libros do mesmo xeito.
Aquí tedes un exemplo dos carriños de lectura de educación infantil e dunha cesta de educación primaria.


 




Tamén a principio de curso, poñemos a funcionar as mochilas viaxeiras e as bolsas de lectura que tanto gustan.





 
Sempre intentamos poñer un pouquiño de variedade pero somos conscientes do peso das mochilas e por iso este último curso, intentamos facelas máis livianas.
Ademais, os pequenos/as saben que sempre que queiran algún libro dalgunha temática concreta, os membros do equipo de biblio estamos á súa disposición para axudarlle e aconsellarlle no que precise.