martes, 21 de diciembre de 2021

RECOMENDADOS DE NADAL 2021

 Chega o nadal e queremos aproveitar para facervos algunhas recomendacións lectoras.

Para ver os trípticos en grande debedes clicar sobre a imaxe.

PARA OS PEQUES DE EDUCACIÓN INFANTIL...



PARA OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA...



PARA OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º...



E POR ÚLTIMO, PARA OS MAIORES DO COLE, PARA 5º E 6º DE PRIMARIA...




Aproveitamos para desexarvos boas festas!!



lunes, 20 de diciembre de 2021

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 Este ano retomamos o noso tradicional concurso de postais de nadal.

Quedaron todas moi chulas e aínda que foi moi difícil decantarnos por cal sería a gañadora, finalmente escollimos esta dos máis pequerrechos.




A que é moi bonita?

Como nos gusta tanto empregarémola de portada nos nosos trípticos de recomendados de nadal.

Esperamos que vos guste!!

domingo, 19 de diciembre de 2021

LECTURA DE "ALGO MÁS"

 


Para rematar o trimestre, quixemos compartir co noso alumnado a lectura do libro "Algo más" de Gabriela Rubio Márquez.

Con él tratamos de reflexionar sobre o consumismo destas datas así como a importancia de empregar a imaxinación e de ser creativos á hora de xogar e de pasalo ben.

viernes, 10 de diciembre de 2021

Toupiciencia. A xanela do maxín

 A continuación deixámosvos unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. 

Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

Esta iniciativa realizada por A Xanela do maXín e ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez, Xurxo Mariño ou Jorge Mira, entre outros.

Esperamos que vos guste!!



martes, 30 de noviembre de 2021

3 DE DECEMRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Con motivo da celebración do Día Internacional das persoas con Discapacidade deixámosvos uns cortos para reflexionar. Esperamos que vos gusten! 

 SUPER LUCÍA

    

 O INCORRECTO

   

 COMO TRATAR A UNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE

                   

LOS COLORES DE LAS FLORES

                     

PIP

 

TAMARA

 

THE PRESENT

    

IAN

          

CUERDAS
    

 O CAZO DE LORENZO

    

 POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

                         

É NECESARIO DISFRAZARME?

   

jueves, 25 de noviembre de 2021

25N, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe,co motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, o centro levou a cabo varias actividades. Unha delas, en colaboración coa FANPA, consistiu en que cada nen@ escribira unha palabra ou frase relacionada co rexeitamento da violencia e a pegara nas "Violetas", dúas bonecas que representan aos dous colectivos máis vulnerables desta lacra, ás mulleres e aos nenos. 
Tamén forramos as portas das aulas de cor violeta e cada nen@ decorou unha chave simbólica que nos abre a porta á liberdade e á igualdade.
Queredes ver o chulas que quedaron?






















sábado, 30 de octubre de 2021

FESTA DA BENVIDA

Este ano por fin retomamos a Festa da Benvida con algunhas pequenas modificacións para respectar a normativa COVID.  Ao longo da semana fixemos actividades relacionadas co outono e grazas á colaboración das familias puidemos contar cunha exposición de froitas de outono dentro da biblio.



Aproveitando a visita á biblio fixemos varios xogos nos que traballamos a creatividade, robótica, expresión oral e atención e memoria.








Foi unha xornada xenial na que o pasamos moi ben!



lunes, 27 de septiembre de 2021

AS NORMAS DA NOSA BIBLIO

Deixámosvos aquí o vídeo elaborado polos axudantes de biblioteca do curso pasado sobre as normas da nosa biblio.

 

viernes, 24 de septiembre de 2021

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA



"A biblioteca escolar ten a palabra" é o lema escollido este curso para traballar nas bibliotecas escolares galegas. 
Baixo este lema faremos unha morea de propostas onde toda a comunidade educativa terá cabida.
Animádesvos a participar?

lunes, 24 de mayo de 2021

EXTRA, EXTRA!! O LIBRO DE CÓMICS XA ESTÁ AQUÍ!! 💥💥

Por fin chegou o día!!!

Como xa sabedes, con todos os cómics presentados imos facer un libro físico que quedará na biblioteca a disposición de todos.

Pero tamén o escaneamos e compartimos por aquí para que tod@s poidades disfrutalo sen esperas. (Como é un archivo bastante grande, é posible que vos tarde un pouquiño en descargar)

Aquí podedes ver os marabillosos cómics que fixeron os pequen@s do Ramo con toda a ilusión.

Esperamos que os disfrutedes!

No caso de que queirades descargalo, aquí vos deixamos o enlace do libro completo en pdf:

https://drive.google.com/file/d/1vwYyxbLK61e_zuMvAckZwVcV8cZxPFlg/view?usp=sharing



Cómic gañador da categoría 4º de Ed. Infantil  🏆




Cómic gañador da categoría 4º de Ed. Infantil  🏆








Cómic gañador da categoría 5º de Ed. Infantil  🏆





Cómic gañador da categoría 5º de Ed. Infantil  🏆







Cómic gañador da categoría 6º de Ed. Infantil  🏆









Cómic gañador da categoría 6º de Ed. Infantil  🏆

















Cómic gañador da categoría 1º e 2º 🏆



Cómic gañador da categoría 1º e 2º 🏆





























































Cómic gañador da categoría 3º e 4º 🏆

Cómic gañador da categoría 3º e 4º 🏆




















Cómic gañador da categoría 5º e 6º 🏆

Cómic gañador da categoría 5º e 6º 🏆