lunes, 5 de diciembre de 2022

3 DE DECEMBRO, DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano o  lema que nos serviu para reflexionar sobre o tema foi: "Diferentes no voo pero co mesmo dereito a voar".


Como de costume traballamos varias lecturas e os maiores fixeron de contacontos para os máis pequenos.

Ao longo destes días, realizamos na biblio unha xornada de xogos de sensibilización.

Para poñerse no lugar das persoas con deficiencia visual empregamos o xogo "Sin palabras junior".

A deficiencia auditiva tratamos de visualizala co xogo "Hearing things"

Por último, para tratar o tema das dificultades motrices empregamos o xogo do "Boli loco" e guantes de boxeo para escribir.

jueves, 1 de diciembre de 2022

25N

Este ano para manifestar a nosa repulsa contra a violencia de xénero traballamos o tema a través de varias lecturas.


Os maiores do cole fixeron sesión de contacontos aos máis peques.

O conto de "Artur e Clementina" serviunos para reflexionar sobre a violencia silenciosa. Cada clase elaborou unha tartaruga en meteu dentro do caparazón todas as liberdades e dereitos que temos polo feito de ser persoas. Fóra do caparazón deixaron todas as cousas que constitúen violencia de xénero, sexa do tipo que sexa. 

                                      

                                     

Ademáis, cada clase elaborou un mural con tapóns de plástico e decoramos a entrada do cole.  








viernes, 4 de noviembre de 2022

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín ao longo da semana fixemos actividades moi variadas: decoramos a nosa biblio cun toque terrorífico, acabamos de decorar as cabazas que trouxemos da casa e fixemos con elas unha fermosa exposición por todos os corredores do cole. 







Tampouco faltaron os contos de medo!!





Para rematar, tivemos unha xornada de xogos populares e o magosto.


jueves, 23 de junio de 2022

RECOMENDADOS DE VERÁN

Remata o curso e non queremos marchar sen desexarvos a todos unhas felices vacacións cheas de diversión e tempo en familia.
Aínda que cada neno xa levou o seu tríptico de recomendados, quedan recollidos nesta entrada para que poidades consultalos en calquera momento. Recordade facer clic sobre a imaxe para velos en grande.

FELICES VACACIÓNS!!!


























                                        


jueves, 26 de mayo de 2022

HOXE ESTREAMOS A NOSA ZONA DE PEDA-LEO!

 Hoxe estreamos con moita ilusión un recuncho que xa fai tempo que tiñamos ganas de montar. A zona de peda-leo. Nela o noso alumnado poderá facer exercicio mentres desfruta da lectura dos seus libros favoritos.




sábado, 23 de abril de 2022

ESTE É O NOSO MURAL DO DÍA DO LIBRO

Co motivo do día do libro os nosos peques elaboraron un fermoso mural con frases de diferentes autores que promoven a lectura. 

                                        

Mirade o chulo que quedou!

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe, queremos celebrar o Día do Libro sacando á luz o noso Libro de receitas saludables!



Grazas a Carmen Rivera, a nosa excepcional ilustradora, o noso libro loce esta fermosa portada. 
Moitas grazas polo teu deseño Carmen, non podía gustarnos máis!
A semana que ven, temos unha morea de actividades para seguir coa nosa celebración: os desecados apadriñamentos lectores, un encontro cun autor e un divertido taller de escritura creativa.

Feliz Día do Libro!!!

viernes, 8 de abril de 2022

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA PAIS E NAIS!!




Hoxe, por fin, poñemos en funcionamento tres mochilas viaxeiras pensadas para pais e nais.

A proposta está tendo moi boa acollida entre as familias así  que esperamos que o seu contido das mochilas sexa do voso interese.

Xa temos reservas para tres quendas!!

Moitas grazas por formar parte dos proxectos do cole!!

lunes, 4 de abril de 2022

CHEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA AS FAMILIAS



 Ola familias!

Como consideramos que a educación dos vosos fillos é unha tarefa conxunta, queremos facervos partícipes dos nosos proxectos e poñer á vosa disposición unha serie de libros relacionados co desenvolvemento dos nenos, disciplina positiva, a práctica de mindfulness e o desenvolvemento de hábitos de vida saudables.

Todos os que esteades interesados deberedes solicitala no correo rbcblancocarpente@gmail.com

Para o préstamo seguiremos a orde de solicitude.

Animádevos!!


lunes, 28 de marzo de 2022

AZUL ES PEREGRINO

Hoxe o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria participou nun contacontos en lingua de signos. Despois, aprendimos algúns dos signos que aparecían no conto.

Por último, agasalláronnos un abecedario dactilolóxico a cada un e fixemos unha sopa de letras. 

Foi moi divertido!








martes, 22 de marzo de 2022

22 DE MARZO, DÍA DA AUGA

O día da auga elaboramos co alumnado carteis con lemas relacionados coa importancia de facer un  consumo responsable da auga do noso planeta.

Aquí tedes unha pequena mostra do chulos que quedaron.







domingo, 20 de marzo de 2022

QUE RICOS OS SMOOTHIES

Como sabedes, o coidado da saúde é un tema transversal ao que prestamos especial atención dende todas as áreas do currículo.

En clase de inglés, o alumnado de 4º de primaria, despois de traballar o vocabulario sobre os alimentos escribiron receitas saudables e elaboraron uns riquísimos smoothies.