miércoles, 18 de diciembre de 2019

Recomendacións de Nadal.

Remata outro ano e como sempre non podemos facer máis que dar grazas porque sigades un ano máis con nós. Non podemos pedir agasallos porque xa o temos todo. Mil grazas, Bo Nadal e Boas lecturas. Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este Nadal. 





domingo, 27 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


O día 24 de outubro, celébrase o día das bibliotecas escolares. 📚📖📕
Xa sabedes que no noso cole, intentamos fomentar a lectura durante todo o ano, pois pensamos que é un recurso excelente para desenvolver moitas capacidades dos nosos pequenos, ademáis de poder vivir aventuras fascinantes, historias de medo e ledicia, contos de risa e de reflexión...   
Pero neste día particular, decidimos facer un mural sobre a biblioteca escolar. Despois de moito pensar e buscar en internet, atoparon unha idea que lles serviu de inspiración para facer o seu propio, onde plasman perfectamente o que significa para eles a lectura e a biblioteca. Así de fermoso lles quedou:







lunes, 7 de octubre de 2019

Cestas, mochilas e bolsas de lectura

Como xa sabedes, no cole temos as cestas das aulas, na que os nenos/as elixen ( con asesoramento do equipo de biblioteca e dos titores/as )aqueles libros que lles resultan interesantes para ler na hora da lectura. Cando queren cambiala, baixan á biblio e fan o cambio de libros do mesmo xeito.
Aquí tedes un exemplo dos carriños de lectura de educación infantil e dunha cesta de educación primaria.


 




Tamén a principio de curso, poñemos a funcionar as mochilas viaxeiras e as bolsas de lectura que tanto gustan.





 
Sempre intentamos poñer un pouquiño de variedade pero somos conscientes do peso das mochilas e por iso este último curso, intentamos facelas máis livianas.
Ademais, os pequenos/as saben que sempre que queiran algún libro dalgunha temática concreta, os membros do equipo de biblio estamos á súa disposición para axudarlle e aconsellarlle no que precise.



jueves, 19 de septiembre de 2019

CAMBIOS NA BIBLIO!

Comezamos outro curso con moita ilusión e moitas ganas de traballar. Aquí xa levamos uns días traballando para facer a nosa biblio ademais de bonita, o máis accesible e funcional para todos os nenos/as. Como poderedes ver, dotámonos dalgunhas estanterías máis baixiñas para facilitar a accesibilidade e movemos outras para facer o espazo máis diáfano.
Ademáis, adquirimos tamén mesas abatibles e regulables en altura para que todos/as os nenos/as poidan vir e utilizalas dun xeito máis cómodo. E aínda por riba son de cores, o que lle da frescor e alegría á vista.
Por último, tamén puxemos nas estanterías, marcadores con apoio visual segundo a cdu para que sexa doado atopar a sección de libros á que se queira acceder. 
Seguiremos cambiando cousiñas pouco a pouco, pero de momento, estamos moi satisfeitos co resultado. 
Esperamos que vos guste igual que a nós...  😊😊











martes, 8 de enero de 2019

NOVIDADES NA BIBLIO

Como podedes ver, á volta de Nadal, na biblio tiñamos unha morea de agasallos (libros, películas, xogos...).
Ademais, Papá Noel e os Reis tiveron en conta as vosas peticións porque hai moitos dos que pedíchedes antes de marchar de vacacións...
A que esperades para vir a desfrutalos? Na biblio esperámosvos con toda a ilusión! :)