martes, 3 de marzo de 2020

Dia de Rosalía 2020


Como xa sabades, o día 24 de febreiro celébrase o "Día de Rosalía" coincidindo coa data do seu nacemento. 
Dende a biblioteca, propuxemos facer unha actvidade arredor do famosísimo poema "Adiós ríos, adiós fontes"
Trátase dunha ilustración do poema.
A cada aula lle repartimos un folio no que estaban escritos catro versos do poema e outro folio baleiro no que, entre todos os nenos/as, debían facer un debuxo cooperativo no que se reflictise o que lles suxerían eses versos. 
Despois colocámolo nun dos corredores do centro. 
Así de fermoso loce:



















No hay comentarios:

Publicar un comentario