domingo, 10 de febrero de 2013

ANTROIDO 2013

Despois de moito traballo e ensaios, o venres, día 8, celebramos o ANTROIDO.
Preparámonos nas aulas e logo, no Salón de Actos, coa presencia das familias, fixemos unha pequena representación. Todo relacionado, dun xeito ou outro, co mundo dos zapatos.
Houbo unha gran zapatería, zapatos a esgallo e tres contos: A ratiña presumida, O Gato con Botas, e Polgariño.
Ao remate das actuacións saímos do Colexio e todos dimos unha volta polo arredor. Logo dun pequeno descanso era obrigado, como todos os anos, o paso polo "Túnel do Terror".
Como xa estabamos sen folgos de tantas emocións reparamos forzas arredor dunhas mesas cheas de lambetadas propias destas datas que estaban alí grazas á xenerosidade e traballo das familias.
FELIZ ANTROIDO A TOD@S!!!
A continuación vai un pequeno resumo da xornada en fotos.

jueves, 7 de febrero de 2013

Queredes ver cal foi o resultado dos mandatos de Bankpiriño? Aquí vos van algunhas fotos.

miércoles, 6 de febrero de 2013

3º MANDATO

Para rematar os mandatos deste entroido, aquí tedes o último:

 
O noso querido Bankpiriño
deséxavos cambiar completamente
e quere que sexa de repente.
Como sabe que a Martín gústalle durmir
ti e todos, ademais dos compañeiros de infantil
a escola en pixama ou camisón teredes que vir.

martes, 5 de febrero de 2013

2º MANDATO DE BANKPIRIÑO



Que ocorrencias ten este Bankpiriño!!
Queredes saber cal é o seu segundo mandato? Aquí vos vai.
Onte xa limos o primeiro,
hoxe aínda non será o derradeiro.
Como o voso nome quere verificar
todos vos teredes que identificar
e o voso nome na fronte debedes levar.

Chega o Entroido ao Ramo!!




Este ano, cos tempos que corren, ao noso cole chegou o señor Bankpiriño, en clase "preferente"!!
Queredes saber cal é o seu 1º Mandato? Atendede que aquí vos vai.
O primeiro día, por ser martes
e como temos que ir por partes
os zapatos na casa esqueceredes
e en zapatillas ao colexio viredes.
Ah! Como teredes que ir a xogo cos meus dentes
levaredes tamén uns grandes pendentes.

lunes, 4 de febrero de 2013

XA POÑEMOS TAPAS!!!

O venres, día 1, como nos prometera, estivo na biblio Manolo,o zapateiro. Daba xenio velo traballar!!! Ao final, algúns xa case sabían poñer tapas. Andamos dando voltas á idea de poñer un currunchiño de amaño de zapatos.( Non estaría mal uns ingresos extra nestes tempos) MIRADE QUE EXPERTOS TEMOS.

domingo, 3 de febrero de 2013

PAZ 2013

Dado que non puidemos celebrar o Día da Paz o día 30 por problemas organizativos, o fixemos o xoves, 31.
Despois de traballar o tema ao longo da semana( selección e elaboración de textos, lecturas, ensaios, elaboración de slogans, pegatinas, murais,...) chegamos ao xoves.
En presencia dos pais/nais, avós/avoas, ... empezamos escenificando os textos traballados. Logo, no patio cuberto, cantamos todos xuntos a canción A MURALLA e, finalmende, fixemos a nosa particular "SOLTA DE POMBAS"
FELIZ DÍA DA PAZ!!!
Aquí vos queda un resumo en imaxes.