jueves, 7 de mayo de 2015

EDUARDO. O NENO MÁIS TERRIBLE DO MUNDO

Hoxe o libro escollido por Martín e a súa nai para contarnos aos nenos e nenas do 1º ciclo foi "Eduardo, o neno máis terrible do mundo".
Excelente elección!!
Moitas grazas aos dous!!

martes, 5 de mayo de 2015

LA ROPA DE LULÚ

Hoxe Inés e a súa nai leron o conto "La ropa de Lulú" aos nenos e nenas de 3 anos.
Grazas chicas, gustounos moito!!

lunes, 4 de mayo de 2015

VESTIDA CO ARCO DA VELLA

A semana pasada os nenos e nenas de 4 e 5 anos sorprendéronnos co conto de Antón Cortizas, "Vestida co arco da vella".
Os pequenos tamén saben contar contos moi pero que moi ben!!!

SEGUIMOS COAS LECTURAS EN FAMILIA

O venres a mamá de Fátima contounos o conto "O segredo de Flora". Para rematar, acabamos cantando a canción de Flora. Deste modo aprendimos a liberarnos desas formigas que ás veces tamén a nós nos amolan.
Gústounos moitísimo!!
Parabéns!!

 
 
 
 
 

jueves, 30 de abril de 2015

COMEZAMOS COAS LECTURAS DE PAIS E NAIS!!

Hoxe o alumnado de 1º ciclo de primaria tivo a sorte de aprender unha morea de cousas sobre aves grazas a Leire e á súa nai. Parabéns chicas!! Gustounos moito o libro que escollestes!!

miércoles, 29 de abril de 2015

1ª REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

Aproveitando o interese do alumnado de 3º ciclo polo libro "El genial mundo de Tom Gates" de L. Pichon creamos un clube de lectura. Onte tivemos a nosa primeira xuntanza. Ademáis de falar do libro saíron temas moi interesantes sobre a relación entre irmáns, os motivos polos que os alumnos "desconectan" durante as clases,... O tempo fíxosenos pouco así que tentaremos retomar a sesión para seguir falando de cousas que quedaron no tinteiro.

domingo, 26 de abril de 2015