domingo, 25 de octubre de 2015

XA ESTÁN EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!




O día 24 de outubro está recoñecido como o Día das Bibliotecas. Como este ano cadraba a sábado fixemos a nosa particular celebración o venres 23. Nela fixemos entrega das mochilas viaxeiras.
Esperamos que o contido sexa do voso agrado!!
E non vos esquezades de cubrir a vosa folla do caderno viaxeiro e a enquisa de valoración da actividade. É algo voluntario pero estamos moi interesados nas vosas aportacións e suxerencias. Deste modo, poderemos seguir mellorando o noso traballo.
Grazas de antemán!!

sábado, 17 de octubre de 2015

XORNADAS MICOLÓXICAS

Despois dunha clase teórica do noso experto en cogomelos (o profe Xoán), alá fomos para o Forgoselo para poñer en práctica os nosos coñecementos e disfrutar dun fabuloso día en contacto coa natureza.

lunes, 5 de octubre de 2015

OBSERVAMOS A NOSA EXPOSICIÓN DE FROITOS

Se queredes gañar algún bibliopuntiño máis nos vos esquezades de cubrir a ficha coas preguntas sobre a exposición de froitos que temos na entrada.
Se aínda non a cubríchedes podedes pasar pola biblio a recoller a vosa. Tamén vos deixamos aquí as preguntas por si queredes pedirlle axuda a papá e a mamá.
Animádevos a participar!!
As preguntas son moi sinxeliñas!!


Na exposición de froitos de outono coláronse dous intrusos. Son dúas froitas que non son desta época. Saberiades dicir cales son?




Que diferenza hai entre unha mazá Príncipe e unha Gran Smith?



Urraca é o nome dunha mazá ou dunha pera ?




Escribe o nome de 3 tipos diferentes de mazás.



Que diferenza hai entre a uva red globe e a uva romana?




Había na exposición algún froito seco? Cales?




Que árbores temos no cole que den froitos no outono?



Cal é o nome do froito que che resultou máis raro?



Que froitos non coñecías da exposición?




NOVIDADES






No estante de novidades tedes á vosa disposición unha morea de títulos novos.
Aquí tedes o listado:



Tom Gates. Excusas perfectas
Diario de Greg 5. La cruda realidad.
La reina del sueño. Tea Stilton
Guinness world records.
Diario de Greg 3. ¡Esto es el colmo!
O planeta das curiosidades.
La abuelita gánster.
Diario de Greg 6. ¡Atrapados en la nieve!
Diario del universo.
A Terra acatarrouse.
Pompas de cores.
A nai da nai da miña mamá.
Mediomedo.
O incríble neno devorador de libros
Busca y encuentra. Princesas.
As marcas dos animais.
Sementes de papel.
As dúas casas de Alicia.
Busca y encuentra. Cars.
Papiroflexia. Iniciación.
A pantufla de Celia.
O desexo do gato Klops.
O libro dos bicos
Moranda
A avoa do ceo
Cleopatra. Raíña do Nilo.

Animádevos!!

viernes, 2 de octubre de 2015

CESTOS DE OUTONO



Chegou o outono, e igual que as follas empezan a caer das árbores os nosos libros comezan a caer dos andeis para encher os cestos e as mochilas viaxeiras.
Hoxe por fin saen para as aulas os cestos de outono. Van cargadiños de libros.
Esperamos que vos gusten!!

lunes, 28 de septiembre de 2015

FESTA DA BENVIDA

O venres celebramos a nosa tradicional Festa de Benvida. Ademáis de ser unha primeira toma de contacto de toda a comunidade educativa, con ela aprendemos unha morea de cousas relacionadas cos froitos típicos desta época. Aquí vos vai un pequeno reportaxe fotográfico.


Aproveitamos para dar as grazas a todas as familias que colaboraron tanto coas súas aportacions de froitos e sobremesas como no traballo colectivo proposto pola biblioteca: "Receitas de outono". A finais desta semana estará á vosa disposición na biblioteca o noso gran libro de receitas!!

viernes, 11 de septiembre de 2015

COMEZAMOS!!!




Un ano máis estamos aquí cargados de enerxía e con moitísimas ganas de comezar con novos proxectos. Benvidos!!  

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO. O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.