sábado, 23 de abril de 2016
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo.
Adicádelle uns minutiños a lelo.
Asegúrovos que merece a pena.
O NOSO ALUMNADO RECOMENDA
Hoxe, queremos festexar o día do libro escoitando as recomendacións do noso alumnado.
martes, 19 de abril de 2016
APRENDEMOS SOBRE O MELGACHO
Hoxe tocou aprender cousas novas sobre os peixes e en concreto sobre o melgacho.
E a mellor forma é ter dous exemplares para poder coñecelos en vivo e en directo.
Unha vez máis, aquí están os nosos pequenos exploradores!!
E a mellor forma é ter dous exemplares para poder coñecelos en vivo e en directo.
Unha vez máis, aquí están os nosos pequenos exploradores!!
viernes, 8 de abril de 2016
TRABALLAMOS AS NOVAS DA RÍA
Os máis peques do cole son uns grans reporteiros!!
Están moi pendentes do que acontece no noso entorno e despois elaboran as novas para contarllas a todos os nenos do cole.
Neste caso, querían informarnos da entrada dun submarino na ría de Ferrol.
Mirade que ben lles quedou!!
Están moi pendentes do que acontece no noso entorno e despois elaboran as novas para contarllas a todos os nenos do cole.
Neste caso, querían informarnos da entrada dun submarino na ría de Ferrol.
Mirade que ben lles quedou!!
miércoles, 9 de marzo de 2016
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Onte, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria asistiron, como en anos anteriores, á biblioteca do concello para participar na actividade de Fene lendo a mulleres.
Por outra banda, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, xuntáronse na biblio do cole para escoitar o conto "O país dos mandóns".
SEMANA DA PRENSA
Esta semana celebramos a Semana da prensa.
Na entrada do cole tendes unha exposición con xornais de todo o mundo.
Non perdades a oportunidade de curiosear cómo se escribe en países cunha lingua diferente á nosa!!
jueves, 3 de marzo de 2016
ENTREGA DE CARTAS DA SEMANA DO AGARIMO
Hoxe por fin rematamos de repartir as desexadas cartas da Semana do Agarimo.
A actividade tivo moito éxito xa que se escribiron máis de 200.
Aos que non participáchedes animámosvos a facelo o ano que ven.
A todos nos gusta que as persoas que nos queren nos adiquen unhas palabriñas!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
