martes, 17 de mayo de 2016
AS LECTURAS DESTA SEMANA
Esta semana estivo con nós Elena, a mamá de Carlos. Xuntos contáronnos "Monstruo rosa".
Tamén estivo Carmen, a mamá de Uxía e Sabela.
Uxía leu coa súa nai un dos contos recollidos no libro Historias de animais.
Grazas a Sabela, descubrimos un libro que nos gustou moito "Hércules pasea con Gloria Fuertes"
Moitísimas grazas a tod@s!!Foi un pracer escoitarvos!!
miércoles, 11 de mayo de 2016
O NOSO MURAL DA COSTA
Hoxe, Eduardo Hermida rematou o mural que comezara a semana pasada.
O resultado foi espectacular!!
Moitísimas grazas Eduardo!!
VISITA DE EDUARDO HERMIDA
A semana pasada tivemos a sorte de contar cun recoñecido artista, Eduardo Hermida, promotor do Proxecto das Meninas de Canido.
Durante dous días explicou a todos os cursos como é o seu traballo, as técnicas que emprega nos seus cadros e como levou a cabo a transformación do barrio de Canido a través da arte.
Agora tócanos traballar a nós empregando as distintas técnicas das que nos falou.
Para rematar esta actividade Eduardo está facendo un mural no patio cuberto que ten como referente o noso proxecto sobre a costa. Cando esté rematado ensinarémosvos o resultado.
Agora tócanos traballar a nós empregando as distintas técnicas das que nos falou.
Para rematar esta actividade Eduardo está facendo un mural no patio cuberto que ten como referente o noso proxecto sobre a costa. Cando esté rematado ensinarémosvos o resultado.
SEGUIMOS COAS LECTURAS COMPARTIDAS
Hoxe Sara e a súa nai contáronnos un conto elaborado por elas a partires da saída á ribeira de Barallobre.
Gustounos moito!!
FACEMOS SILUETAS
Aproveitando as cunhas que recollimos na ribeira, os peques de 4 anos estiveron facendo as súas siluetas.
O resultado foi moi chulo!
O resultado foi moi chulo!
martes, 10 de mayo de 2016
LECTURAS COMPARTIDAS
Neste mes de maio comezamos con esta actividade que tanto nos gusta.
Estamos moi contentos coa resposta das familias. Xa temos case todo o mes de maio cuberto!!
O día 2 de maio, a clase de 4 anos escoitou á nai de Inés co conto de "Tartaruga".
Tamén a madriña de Natalia contou aos peques de infantil "Berenguela", unha peza teatral de Manuel María.
O día 2 de maio, a clase de 4 anos escoitou á nai de Inés co conto de "Tartaruga".
Tamén a madriña de Natalia contou aos peques de infantil "Berenguela", unha peza teatral de Manuel María.
A nai de Mateo e Óscar agasallounos coa lectura dun fermoso conto dun dragón e os máis maiores aprenderon moitas cousas sobre un tema no que teñen moito interese; os dinosauros.
Grazas á nai de Gabriel descubrimos un libro que non coñeciamos e que nos encantou. Titúlase "O rabaño".
Grazas a todas pola vosa colaboración!!
domingo, 24 de abril de 2016
VISITA Á RIBEIRA DE BARALLOBRE
O venres, seguindo coas actividades programadas dentro do PDI que estamos a traballar este curso, fixemos unha excursión á Ribeira de Barallobre. Alí poidemos recoller diferentes tipos de cunhas e pedras, aprender cousas sobre os animais da nosa costa, así como do oficio do marisqueo a importancia do coidado do entorno, o coidado dos animais,...
Tamén axudamos a salvar a un cormorán ferido!!
Foi unha saída moi produtiva!!
Tamén axudamos a salvar a un cormorán ferido!!
Foi unha saída moi produtiva!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



