miércoles, 14 de marzo de 2018

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Por fin chegaron os desexados apadriñamentos e amadriñamentos lectores do segundo trimestre!!
O tempo acompañou así que poidemos disfrutar coa lectura ao aire libre.


Reportaxe fotográfico

domingo, 11 de marzo de 2018

VISITA PAULA MAYOBRE


Seguindo coas actividades planificadas para o Día da Muller Traballadora, recibimos a visita de Paula Mayobre. Esta atleta internacional explicounos a importancia de facer deporte e relatounos as dificultades que se atopou ao longo da súa carreira deportiva polo feito de ser unha muller.
Aproveitando a visita, correu a milla connosco e deunos uns conselliños que seguramente nos serán de moita axuda.


Moitas grazas por compartir connosco a túa experiencia Paula!!

jueves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Para festexar este día ademáis de traballarse con varios contos da nosa biblio, tivemos a sorte de participar na actividade proposta polo concello de "Contos pola igualdade".




Coa axuda dos voluntarios da biblio preparamos unha exposición na entrada no cole con mulleres galegas que grazas aos seus actos gañaron un oco na historia de Galicia.
Non perdades a oportunidade de saber quenes son!!


Tamén temos un reto preparado para vós. Queredes saber a quen pertencen as fotografías deste mural.
Pois entón.... A pescudar!!

domingo, 25 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


O ano pasado, enterámonos que unha compañía aérea incorporara a imaxe de Rosalía nun dos seus avións. Nós decidimos crear a nosa propia flota de avións e levar a obra de Rosalía por todo o mundo. Para iso o alumnado de infantil traballou os títulos dos libros e poemas máis destacados da escritora mediante unha dinámica de aprendizaxe cooperativo e o alumnado de primaria escribiu en avionciños unha estrofa dalgún dos seus poemas.



 

   


 








Ademáis, o alumnado de 5º e 6º de primaria en colaboración coa asociación Liga de Amigos de Barallobre, foi facer unha lectura de poemas que se retransmitiron en Radio Fene neste día.

domingo, 18 de febrero de 2018

VOLVE A SEMANA DO AGARIMO



Un ano máis, dispoñémonos a festexar a Semana do Agarimo. E unha oportunidade marabillosa para dicirlles aos nosos amigos e amigas o importantes que son para nós. Non deixedes de facelo.
O buzón está esperando a vosa visita!!

miércoles, 31 de enero de 2018

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Para festexar este día traballamos con todo o cole sobre varios contos.




 Tampouco podía faltar a nosa mesa temática relacionada co tema.



 Por outra banda, grazas á colaboración das familias, o alumnado de infantil decorou os seus corredores con estes fermosos murais.



Como colofón final, creamos un mural baixo  o lema "Imos navegando rumbo á paz".  Foi unha oportunidade fabulosa para facer papiroflexia e aprender a facer barquiños e sombreiriños de papel.
Ademáis a profe Yolanda compuxo para nós unha fermosa canción coa que sorprendimos ás familias.



lunes, 22 de enero de 2018

COMO FACER UN BARCO DE PAPEL

Para elaborar o mural do Día da Paz precisamos facer barquiños de papel. Se aínda non sabedes deixámosvos un vídeo no que comprobaredes o sinxelo que é.

Mans á obra!!